Trátase dunha versión de Stronger de Kelly Clarkson

Tanxugueiras publican hoxe Més fort, versión de Stronger de Kelly Clarkson na que se aventuran a cambiar por un día do idioma galego ao catalán.

O tema está incluido no recopilatorio de La Marató de 2022 de TV3 e Catalunya Ràdio, no que as artistas participaron, e que foi realizado o pasado Nadal como unha iniciativa benéfica enfocada na sensibilización e a divulgación sobre a saúde cardiovascular.

O trío galego continúa este verán coa súa axenda chea de nova música e actuacións en directo. Tras estrear antes do período estival Aire, o seu single coa produción de Lowlight, o próximo día 6 de setembro verá a luz un novo single en colaboración con Ruth Lorenzo.

Pola súa parte, a Xira Midas continúa levando a súa música por todo o estado (a última parada en Monforte reuniu a máis de 10.000 persoas), tendo engadido novas datas e marcado xa un fin de xira do que pronto coñeceremos máis detalles, e que se prantexará como unha gran festa para celebrar todos os éxitos colleitados neste período de crecemento para a banda.

 ** PRÓXIMAS DATAS**

24/08 • Sant Antoni de Portmany • Ibiza
01/09 • Valladolid • Valladolid
14/09 • Emmusikadas • Iruña (Pamplona)
16/12 • Fin de Xira

X