Que facemos
PlayPlan é unha axencia dinámica e apaixonada. A nosa misión é crear valor e idear experiencias orixinais nas que público, marcas e proxectos conecten e se relacionen en contornas físicas, dixitais ou virtuais, xa sexan festivais, concertos, feiras, eventos gastronómicos ou MICE.
Deseñamos proxectos e produtos con personalidade. En PlayPlan gústanos transmitir os nosos valores aos proxectos nos que nos implicamos porque o que nos importa non é a dimensión senón os obxectivos e os resultados.
Os principais valores de PlayPlan son a implicación, empatía, seguridade, calidade, creatividade, naturalidade, calidade humana e confianza. Traballamos día a día de modo colaborativo e escoitando aos nosos clientes, público e contorna, buscando unha plena adaptación e posta en valor do espazo ou territorio no que traballamos, sempre primando a seguridade e a sustentabilidade.
Os nosos principais servizos: proxectos a medida, consultoría, creatividade, márketing e comunicación, contratación de artistas, management, selo discográfico, tecnoloxía para eventos, contido audiovisual, material e infraestruturas para eventos.
Falamos?