· Aviso legal ·

Este Aviso Legal contén as Condicións de Uso do sitio web www.playplan.es que a Promotora pon a disposición das persoas usuarias de Internet. O acceso e utilización dos contidos deste sitio web supoñen a aceptación destas condicións xerais.

01. INFORMACIÓN XERAL

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información (LSSI), infórmase que a entidade titular do sitio web é a Promotora Play Plan Cultural SLU Contacta.

A Promotora resérvase a facultade de modificar sen previo aviso esta Política de Privacidade para mantela adaptada á lexislación vixente. En tales casos, anunciaranse neste sitio web os cambios introducidos co fin de que poidan ser coñecidos polo Usuario.

02. PROPIEDADE INTELECTUAL

A Promotora posúe dereito de uso dos contidos desta web. Por iso, só autoriza expresamente a reprodución destes contidos para a difusión dos proxectos de Play Plan Cultural SLU. Esta autorización non inclúe a reprodución, utilización ou transformación destes contidos, cando sexa con finalidade comercial ou lucrativa ou contraria á lei, moral, ética ou orde pública ou cando puidese lesionar os intereses, prexudicar a imaxe da Promotora ou de terceiros lexítimos. Calquera outro uso debe ser previamente consultado e autorizado.

Queda expresamente autorizado o establecemento por parte de terceiros de ligazóns a esta páxina web, sempre que estas ligazóns non teñan finalidade comercial nin lucrativa. As ligazóns establecidas por terceiros deberán permitir coñecer á persoa usuaria que accede á páxina web de Play Plan Cultural SLU e deberán facer visible necesariamente o URL correspondente a esta páxina web. O establecemento de ligazóns por parte de terceiros non implica a existencia de ningún tipo de relación entre eles e a Promotora.

O deseño do portal e os seus códigos fonte, así como os logos, marcas e demais signos distintivos que aparecen no mesmo pertencen á Promotora e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.

Independentemente da finalidade para a que fosen destinados, a reprodución total ou parcial, uso, explotación, distribución e comercialización, require en todo caso da autorización escrita previa por parte da Promotora. Calquera uso non autorizado previamente por parte da Promotora será considerado un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual e industrial do autor.

03. PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento da Lei Orgánica 32018/, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, infórmase que por medio deste sitio web recóllense datos de carácter persoal necesarios para responder a consultas, suxestións, informacións e para prestar determinados servizos: venda de entradas, servizo de acampada concursos, boletíns informativos, etc. Estes datos serán gardados nun ficheiro propiedade da Promotora e, fóra dos casos legalmente establecidos, non serán comunicados nin cedidos a terceiros sen o voso consentimento expreso.

Nesta ligazón está dispoñible toda a información e medios requeridos pola lexislación vixente para o exercicio dos dereitos das persoas que proporcionen datos persoais á promotora.

04. LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE

Os contidos deste sitio web ofrécense cunha finalidade informativa e divulgativa. A Promotora exímese de calquera responsabilidade, directa ou indirecta, que puidese derivarse do uso ou aplicación da información desta web fóra dos seus propósitos e do uso que terceiros fagan da información publicada no portal, nin tampouco dos danos sufridos ou perdas económicas que, de forma directa ou indirecta, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso da devandita información.

As ligazóns ou contidos de terceiros que aparecen neste sitio web facilítanse coa finalidade de ampliar a información. A súa inclusión non implica a aceptación destes contidos, nin a asociación de Play Plan Cultural SLU cos responsables das devanditas páxinas web, polo que se rexeita toda responsabilidade en relación cos mesmos e tampouco responde pola legalidade doutros sitios web, así como polos danos que puidesen causarse por calquera motivo no seu sistema informático, documentos ou ficheiros.

A pesar de tomar todas as precaucións necesarias, a PlayPlan Cultural SLU non pode garantir a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso á web ou ao seu contido, nin que este se atope en actualización permanente, sen imprecisións ou inexactitudes. A Promotora levará a cabo, axiña que teña noticia dos erros, desconexións ou falta de actualización, todos aqueles labores tendentes a emendar os devanditos erros, restablecer a comunicación e actualizar os contidos, sempre que non concorran causas que o fagan imposible ou de difícil execución.

En www.playplan.es poida que se mencionen de forma indirecta e a nivel informativo algúns termos e logotipos que constitúen marcas rexistradas polos seus respectivos propietarios, non facéndonos responsables da utilización inadecuada que puidesen facer terceiras persoas respecto de ditas marcas.

05. MODIFICACIÓNS E ACTUALIZACIÓNS

A Promotora resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida neste sitio web, da configuración, dispoñibilidade e presentación desta, así como das presentes Condicións de Uso.

06. COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise da súa navegación, segundo se detalla na nosa Política de Cookies.

X