· Condicións xerais ·
A adquisición da presente entrada outorga ao/á adquirinte un título nominativo que lle dá dereito a acceder ao recinto do concerto.
O contrato polo que se adquire a entrada será rexido polas seguintes condicións xerais:
- A adquisición da entrada para o concerto supón a aceptación das seguintes Condicións Xerais de Uso, ofrecidas por Play Plan Cultural SLU, (en adiante A Organización), con CIF: B-94168705, domiciliada en Bueu, rúa Ramón Bares 42, Baixo (CP 36930)
- Unha vez adquirida, a entrada non será cambiada nin será reembolsado o seu importe. En caso de anulación total do evento, a Organización comprométese a devolver o importe da entrada, pero non o custo de distribución que as canles de venda aplican ao prezo da mesma.
- A Organización resérvase o dereito a alterar ou modificar o programa do evento, ou suspender ou alterar calquera das actividades e actuacións propostas no cartel.
- A Organización resérvase o dereito de admisión, segundo a lexislación vixente.
- A entrada dispón de diferentes medidas de seguridade, incluída a súa lectura electrónica á hora de entrar no recinto. A Organización non se fai responsable das entradas que non fosen adquiridas nos puntos de venda oficiais. A admisión queda supeditada ao feito de dispor da entrada completa e en boas condicións. Toda entrada danada, rota ou con indicios de falsificación autorizará á Organización a impedir ao seu portador o acceso ao recinto, así como a tomar as medidas legais pertinentes contra o titular da mesma, que asume toda responsabilidade no caso de que esta se presente por duplicado, fotocopiada ou falsificada.
- No se podrán modificar los datos de los asistentes facilitados durante lo proceso de compra. La organización realizará la validación electrónica del 100% de las entradas. Durante este proceso, no se comprobarán los datos del asistente sino el código de la entrada, no permitiendo el acceso al festival la ninguna persona con una entrada que ya fuera previamente validada o adquirida vía festival o concierto.
- A entrada debe ser cambiada por unha pulseira nos despachos de billetes situados xunto á entrada ao recinto. A pulseira cahsless é o único acceso válido para o recinto dos concertos, así como o único modo de pagamento admitido no concerto. Esta pulseira é persoal e intransferible: non se poderán retirar pulseiras para outras persoas. A organización colocará a pulseira ao usuario final, que se fai responsable de validar que está correctamente pechada e de conservala en todo momento en perfecto estado. É resistente, pero non é irrompible. Baixo ningún concepto, e ata que termine o concerto, tentes quitar a pulseira, xa que rompería e perderías o teu dereito a acceder ao recinto. A perda, manipulación ou rotura desta pulseira será penalizada coa expulsión inmediata do recinto. En ningún caso se cambiará unha pulseira en mal estado por outra nin se reporá unha pulseira perdida.
- No momento de entrar ao recinto, o público pode ser rexistrado segundo a Lei, non permitíndose, en ningún caso, a entrada de comida (en caso de necesidade deberá presentarse un xustificante médico que o acredite), bebida e obxectos que poidan ser considerados perigosos pola Organización ou que estean prohibidos pola normativa vixente. Para acceder con cámaras de uso profesional será obrigatorio contar cunha acreditación do departamento de prensa do Festival.
- O público asistente poderá aparecer DE XEITO INCIDENTAL* en imaxes tomadas por diferentes medios de comunicación, a Organización, terceiros autorizados por esta ou calquera artista para a súa posterior difusión, consentindo expresamente un uso promocional e/ou comercial das imaxes captadas. A asistencia ao evento supón a aceptación e de que se faga uso, de forma gratuíta e sen contraprestación algunha, da súa voz, imaxe e nome en retransmisións televisivas, radiofónicas ou redes sociais, en directo ou en diferido, en vídeo, en fotografías ou en calquera outro medio ou soporte presente ou futuro. *Enténdese por toma incidental de imaxes dunha persoa toda gravación de imaxes dunha persoa realizada con motivo da gravación de imaxes de grupo, paisaxes e outras similares que inclúan a imaxe de unha ou máis persoas, que aparezan de modo aleatorio e non predeterminado con motivo de documentar eventos ou informar sobre acontecementos de actualidade, sen que o propósito da gravación sexa a fixación da imaxe da persoa ou persoas que nela aparecen, polo que, eventualmente, esta persoa ou persoas poden ser recoñecibles en función de como sexa a súa imaxe fixada.
- En cumprimento do disposto no Real Decreto 2816/1982 e da Lei do Parlamento de Galicia 11/2010, a Promotora establece as seguintes normas de acceso para menores de idade:
- Todo menor de 16 anos de idade que vaia acceder ao recinto debe portar unha identificación facilitada pola organización e ir acompañado dun proxenitor ou titor/a. Os proxenitores ou titores deberán entregar unha fotocopia do seu DNI e do DNI do menor, dar un número de teléfono de contacto e asinar un documento de autorización e de aceptación de responsabilidade que poden descargar previamente aquí ao recoller a acreditación do menor. Se o acompañante non é un titor/a legal, deberá achegar a seguinte documentación: Autorización de asistencia por parte do pai, nai ou titor legal do menor acompañada de fotocopia de DNI, libro de familia ou pasaporte de ambos. O acceso será gratuíto para os menores de 12 anos.
- Os menores de entre 16 e 17 anos estarán igualmente identificados, xa que no concerto non se serven bebidas alcohólicas aos menores de idade, pero poden acceder ao recinto do festival sen a compañía dun adulto. Para facelo, deben presentar na billeteira unha fotocopia do seu DNI e outra do DNI do seu proxenitor ou titor e unha autorización asinada por este último. Na autorización, da que podedes descargar un modelo aquí, o proxenitor ou titor autoriza a entrada ao concerto e declara o seu coñecemento de que no mesmo se serven bebidas alcohólicas.
En cumprimento da normativa vixente, a Promotora establece as seguintes normas xerais para os menores de idade dentro do recinto do festival:
- A venda e despacho a menores de idade de bebidas alcólicas durante o festival está totalmente prohibida, así como o seu consumo, polo que non se despacharán bebidas alcólicas a menores de idade. Igualmente, prohíbese o consumo de bebidas alcólicas a menores de idade.
- Todos os menores de idade deberán acceder ao recinto do festival pola billeteira, onde serán identificados cunha pulseira cunha cor distintiva, que os acredita como menores de idade autorizados no recinto, conforme a calquera dos procedementos anteriores. Todo menor portador da pulseira non poderá adquirir nin consumir bebidas alcólicas no recinto.
- Todo menor que careza de pulseira ou que non se atope ao cargo de /autorizado por un maior de idade, será expulsado do recinto, previa posta en coñecemento das autoridades competentes.
- Todo menor que extravíe a súa pulseira deberá solicitar inmediatamente unha nova no despacho de billetes de “Incidencias”.
- Todo menor que sexa atopado consumindo bebidas alcólicas dentro do recinto será posto baixo o control dos seus pais ou titores. Se estes non puidesen facerse cargo do menor, ou así o reclamasen, o menor será expulsado do recinto previa posta en coñecemento das autoridades competentes ou seguindo as instrucións dos seus pais ou titores, segundo corresponda. No proceso de expulsión, o menor estará ao coidado da organización do festival ata que un maior poida facerse cargo del ou sexa posto ao coidado das autoridades.
- De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter Persoal, os datos facilitados tanto na web como na plataforma de compra de entradas, serán comunicados á Promotora para a xestión do evento e dos seus clientes.
- A Organización do evento poderá denegar o acceso ou ben expulsar do recinto e retirar a pulseira a quen incumpra as presentes Condicións Xerais de Uso, a quen desatenda as indicacións do persoal da Organización e de Seguridade e a quen provoque unha situación de risco para si mesmo ou para as outras persoas asistentes ao evento: manifestando actitudes violentas, portando drogas ou mostrando síntomas de consumilas, atopándose en estado de intoxicación aparente ou potencial, dificultando o desenvolvemento normal do evento, introducíndose en espazos de acceso restrinxido pola Organización, etc. Responsabilizándose persoalmente ao portador, en todos os casos, polas súas propias accións e omisións cando estas provoquen lesións a terceiros ou danos materiais.
- O público asistente recoñece e acepta que a Organización ostenta e é titular de todos a dereitos propiedade intelectual, industrial e calquera outros, incluídos os de imaxe, derivados, directa ou indirectamente, das representacións artísticas ou calquera outras que tivesen lugar con motivo da celebración do Festival, sen limitación territorial nin temporal, e sen ningunha outra limitación máis que as dispostas na vixente Lei de Propiedade Intelectual.
- A Organización non se fai responsable de calquera furto, roubo, dano ou outra actuación delituosa que se poida ocasionar dentro da zona de acampada ou de calquera outro recinto habilitado polo festival.
- Todo intento de estafa, violación, subtracción, roubo, así como os danos á propiedade persoal causados directa ou indirectamente á Organización, artistas ou empregados da mesma autorizan a esta a emprender as medidas legais, tanto civís como penais, que estime oportunas contra os causantes.
- A posesión desta entrada non outorga o dereito ao seu posuidor ou a terceiros a utilizar a mesma, ou o seu contido, con finalidades publicitarias, de mercadotecnia, revenda ou de promoción (incluídos os concursos, agasallos e/ou sorteos). O incumprimento deste punto, sen autorización expresa da Organización, obrigará ao anunciante e/ou usuario non autorizado a facer efectiva unha penalización equivalente a mil veces o prezo da entrada máis cara do evento, sen prexuízo de posteriores reclamacións por danos e prexuízos xerais. Así mesmo, queda anulada a licenza incorporada na presente.
- A cancelación, total ou parcial, do evento por causas de forza maior en ningún caso dará lugar á devolución do importe da entrada. As malas condicións climatolóxicas e os cambios horarios non dan dereito a devolución do importe da entrada.
- A Organización resérvase a facultade de modificar as presentes Condicións Xerais, previa publicación das mesmas por este mesmo medio, sendo responsabilidade do Usuario a súa debida lectura no momento de cada acceso e/ou utilización.
- Calquera reclamación deberá acompañarse obrigatoriamente coa presentación desta entrada.