Dende PlayPlan damos a benvida a Lode, un dos artistas galegos con maior impacto nas redes sociais. Dende xa forman parte do roster da axencia e anunciamos que a súa contratación para este 2024 está aberta.

Lode é un cantante, compositor e bailarín que está impresionando a medio mundo, acumulando preto de millón e medio de seguidores que se rendiron ante a combinación de sons actuais e bailables co seu enorme talento vocal. A figura de Lode emerxe como unha das grandes promesas do panorama.

SOBRE LODE

Lode é un dos artistas galegos con maior repercusión nas redes sociais. Cun estilo urbano pero multidisciplinar, o cantante de Narón está abraiando ao seu público pola gran combinación nas súas composicións de sons actuais e bailables cunha gran voz. Tras as súas exitosas aparicións en programas televisivos como La Voz ou El Hormiguero, Lode eleva a escena urbana a base de talento, con composicións musicais e coreográficas propias de primeiro nivel.

As súas redes sociais son unha pequena mostra da repercusión do cantante e bailarín galego, acumulando máis de millón e medio de seguidores de todas as partes do mundo nelas, destacando os máis de 35 millóns de visualizacións que acumula na súa canle de YouTube. O seu talento non pasou desapercibido dentro da industria musical, sendo apoiado por grandes figuras do panorama internacional e nacional como Juanes ou Álex Ubago.

Actualmente, o cantante, bailarín e compositor está preparando novos traballos discográficos, así como un novo directo no que deixar patente o seu carácter multidisciplinar, sendo quen de combinar a súa capacidade vocal co seu talento coreográfico. Lode levará o seu éxito nas redes aos escenarios.

X