A artista galega estará presentando o seu novo disco en Madrid, o día 3 de mayo, na sala El Sótano, dentro do Ceniza Tour ’23.
Sabela está de volta. ‘Ceniza’, o seu novo disco lévaa de novo á escena, á primeira liña da escena musical, e o publico está de sorte. A sala Capitol de Santiago de Compostela foi o lugar elixido para presentar as súas novas cancións en Galicia, marcadas por unha dura perda, a do seu pai, pero co que busca seguir adiante, vivir. Converteuse nun concerto cheo de contrastes e emocións, no que percorreu zonas sensibles e íntimas, pero tamén houbo tempo para saltar, cantar e soltar adrenalina.
Ademais de ‘No se lo que sientes’, ‘Mucho Love’ ou ‘La piedra’, temas que xa tiña avanzados, Sabela puxo en escena todo o repertorio do seu novo traballo, traballo duro, pero espectacularmente fermoso, tamén caracterizado por un novo son. A artista xa o deixara entrever, na última canción do seu primeiro traballo ‘Despedida’ e por aí quixo comezar. Nas actuacións en directo mestúranse sons electrónicos e orgánicos. A guitarra eléctrica, a voz de Sabela e a batería tocan con diferentes efectos para construír un son actual, pero propio.
O público gozou de sons ambientais con dureza e distorsión, pero tamén con sensibilidade e intimidade. Arranxos especiais que mesturan dende o jazz ata o hip hop co pop e a voz de Sabela, con xiros propios. Todo isto conseguiu crear un ambiente agradable e unha fermosa presentación de ‘Ceniza’.
O disco físico está xa á venta en inquedanzas sonoras.
Sabela está este ano nominada ós premios MIN da Música independiente en diferentes categorías.