Un marcado estilo chill renova por completo a sonoridade do artista. Dende hoxe podedes escoitalo en todas as plataformas.

Quen son eu? é o novo sinxelo de García Mc (a partir de hoxe dispoñible en todas as plataformas) e o inicio do que será o seu novo disco autobiográfico que levará por nome Sergio Manuel, o seu verdadeiro nome, e co que repasará, en septenios, a súa vida ata actualidade.

Quen son eu? permite coñecer unha nova versión de García Mc. Un estilo novo, drill (un subxénero do rap), no que o artista non afondara con anterioridade, con máis dureza e ritmos diferentes, co que o cantante tivo que reinventar a súa forma de rapear, xa que García ven de facer un rap máis clásico e tivo que reaprender a deslizarse por un ritmo dun xeito totalmente diferente, o que foi unha experiencia de aprendizaxe total para el. É unha rítmica completamente nova coa súa forza habitual.

Quen son eu? fai referencia á gran cuestión da adolescencia e xira arredor dalgunhas partes dese período do artista.

Se a todo isto lle sumamos a colaboración na produción de Iago Pico, un gran profesional no tratamento da voz, especialista en gravación e produción, fan da canción un single moi singular en todos os sentidos.

En Quen son eu? hai unha colaboración moi especial de Xisco Feijoó. Para García era a persoa perfecta pola súa voz, a súa estética e a súa capacidade de mesturarse con mundos diferentes para cantar e tocar a pandeireta no estribillo da canción e facela diferente.

Xisco Feijoó é un artista, cantante, bailarín, coreógrafo, presentador de televisión e profesor premiado, ademais de coordinador da sección de canto da OFG SondeSeu.

Quen son eu? acompáñase tamén da estrea do videoclip que mestura a voz e a imaxe de García Mc, coa voz e os bailes de XiscoFeijoó, vestido de gala tradicional polas rúas e o Museo MARCO de Vigo. “Pasado, presente e futuro na danza do tempo”, así o define o propio García Mc.

PRÓXIMAS DATAS

20/04 • Casa das Crechas • Compostela

28/04 • Sala Filomatic • A Coruña

07/05 • Sala Aturuxo • Bueu

Operación financiada pola Unión Europea, a través de FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), como parte da resposta da Unión á pandemia do COVID-19