MUERDO

Muerdo (alter-ego musical do murciano Paskual Kantero) é un dos representantes máis importantes da nova xeración da canción de autor en España, xunto a artistas como Rozalén ou El Kanka. En lugar da asociación tradicional ao formato acústico de voz e guitarra, na súa música rodéase dunha potente banda multicultural para levar as cancións aos sons urbanos e á mestizaxe cos folclores mediterráneo e latino. Compaxina así a intimidade ou a profundidade humana e social do seu pensamento coa incitación ao baile propia da música máis popular. Non é doado, pero ao escoitalo parece que si.

Na obra de Muerdo podemos atopar letras de gran contundencia e profundidade humana e social aderezada con ritmos latinos e folcloristas pero tamén urbanos e modernos.

Formación

Pascual Cantero – Voz
Victor Navarrete – Bajo
Iker Garcia – Guitarra
Ohad Levy – Guitarra
Pablo Lucas Levi – Batería
Sergio Renovell – Trompeta

Vindeiros concertos de Muerdo

X