COCOROSIE

O famoso e prestixioso dúo de folk-tronic CocoRosie-formado polas irmás Casady, Sierra (voz, guitarra e arpa) e Bianca (voz e percusión) teñen novo disco “Tales of a Grass Widow”.

As irmás desenvolveron dende nenas o seu amor pola música. Sierra estudou canto clásico mentres estaba no colexio, e  Bianca xa dende unha idade moi temprana escribía e cantaba as súas propias letras. Reencontráronse en París, e pronto comezaron  a gravar e actuar xuntas. Froito de eses primeiros traballos naceu “La Maison de Mon Reve” (2004), disco publicado por Touch and Go, que as catapultou internacionalmente e que se presentou en Nova Iork xunto con Devendra Banhart, Battles, the Gena Rowlands Band e Ratatat.

Sendo xa unhas das artistas máis solicitadas polos festivais de música independiente de todo o mundo, publicaron o seu segundo traballo- “Noah’s Ark” (2005)-,  disco donde colaboraron o propio Banhart e Antony and the Johnsons. En 2007 publicaron “The Adventures of Ghosthorse and Stillborn” e posteriormente “Grey Oceans” (2010), dous discos eclécticos y estilisticamente moi pulidos.

“Tales of a Grass Widow”

A investigación musical e espiritual foi sempre un dos principios de CocoRosie. O seu novo disco “Tales of a Grass Widow”, foi producido en colaboración co compositor islandés Valgeir Sigurosson e enriquecido con toda unha serie de excepcionais colaboracións. De corte transgresor, é unha mestura de sons electrónicos e orgánicos que conflúen inventar un futuro de volta ás raíces, á natureza. Pero máis alá da propia mensaxe, as novas cancións das irmás Casady, achéganse a inquedanzas sociais de carácter planetario,  como a destrucción dos recursos naturais, ou otros máis controvertidos como os abusos de menores.

Vindeiros concertos de CocoRosie

X