TU OTRA BONITA

Adóitase etiquetar a Tu Otra Bonita como un grupo que fai “rumba psicodélica” ou “indie mestizo” pero o certo é que a súa música non pode cualificarse nun só estilo. Demóstrano unha vez máis co seu último traballo ‘¿Verdad o Atrevimiento?’ no que lle dan outra volta á súa proposta e sorprenderá tanto a fans como a novos oíntes.

Caballo Blanco Tour

Durante o último ano o grupo consolidouse como unha das grandes promesas do panorama musical , e non foi por casualidade, xa que tamén lles avalan importantes premios como os recibidos en FestiMad 2015, Un Lugar Chamado Mundo 2014, Trebujena 2014 ou Wolfest 2012. Con ‘¿Verdad o Atrevimiento?’, o seu terceiro longo, Tu Otra Bonita está a percorrer a xeografía española actuando en moitos dos mellores festivais do panorama, así como Arxentina, México, Colombia e Estados Unidos (New York). Non volo perdades.

Vindeiros concertos de Tu Otra Bonita