Music Fest Meeting é unha iniciativa que pretende crear un marco de colaboración e dar voz ao sector da música en vivo.

Do próximo 20 ao 24 de abril terá lugar a primeira edición do Music Fest Meeting, un encontro dixital que contará coa visión dalgúns dos principais actores do sector dos festivais. Esta iniciativa, que é promovida por IDASFEST, PlayPlan e Enterticket e que será retransmitida en directo por Youtube, pretende poñer en valor á industria da música en vivo, dar voz, axuntar forzas e crear sinerxias en tempos difíciles. Ademais, contará coa participación de axentes do panorama internacional.

O evento virtual, que se organiza ao redor de 2 mesas redondas diarias entre as 18:00 h. e as 20:00 h., tratará temas como o auxe dos concertos en streaming, para os que contará con rostros moi visibles da música nacional, aspectos xurídicos, ambientais, de márketing e comunicación, así como dúas mesas redondas específicas dedicadas á figura do promotor de festivais.

O encontro dixital conta xa coa confirmación de máis dunha trintena de festivais e profesionais do sector: Medusa Festival, DCODE, Mad Cool, SonRías Baixas, Sansan Festival, Río Babel, Cooltural Fest, Pirata Rock, Animal Sound, Sonidos Líquidos, Asociación de Festivais de Galicia, APORFEST, Festival Sinsal, SONDE3 Producciones, Nostromo Magazine, Share Music, Love The Tuentis, Love The 90s, La Pegatina, FOTUR, Calaverita Records, Warner Music, BIME, Bioritme Festival, Sostenibilidad a Medida, Culturgal, Mercat de Música Viva de Vic, Berrintxe Producciones, Big Sound, Miss Festivales, Culturgal, Montgorock, The Juergas Rock Festival…

A través da páxina web oficial do evento (www.musicfestmeeting.com) pódese acceder ao programa e rexistrarse de forma completamente gratuíta, requisito indispensable para recibir o material posterior ao evento. O encontro está dirixido a todo tipo de profesionais do sector da música en directo, así como a estudantes ou calquera interesado na industria.

Jordi Lauren, CEO de PlayPlan, sinala: “Nun momento como o actual é necesario que, nun sector estratéxico para o turismo como é o dos festivais, esteamos xuntos e nos apoiemos. É por iso que consideramos fundamental desenvolver iniciativas como Music Fest Meeting”. Pola súa banda, Joaquín Costa, CEO de IDASFEST, apunta “crear sinerxias e puntos de encontro dentro do sector da música en vivo vai permitir saír moito máis fortes desta situación. Por iso, é necesario crear conexións con eventos como Music Fest Meeting”.

X