Dende PlayPlan damos a benvida a Vimbio, a nova cara da escena metal encabezada por Álex Arnoso, coñecido por ser unha das voces protagonistas de SonDaRúa. Dende xa comezan a formar parte do roster da axencia e anunciamos que a súa contratación está aberta para este 2025.

Vimbio é a nova cara da escena metal. Comandados por Álex Arnoso, coñecido polo seu protagonismo en SonDaRúa, o grupo xorde para conxugar o rap coa esencia do metal da década dos 90 e do 00. Baixo un gran eclecticismo musical, o grupo propón letras e ritmos moi contundentes, combinando os flows tan característicos de Álex coa potencia dunha banda composta por grandes veteranos da escena metal galega. Co lanzamento dos seus primeiros sinxelos a finais de 2024 e comezos de 2025, o grupo pon enriba da mesa a súa carta de presentación, co claro obxectivo de facer deste un ano no que brillen as súas guitarras e os flows contundentes.

Eu non quero traballar‘, quinto adianto de Vimbio

Eu non quero traballar, o novo tema de Vimbio está xa dispoñible en todas as plataformas. O grupo comeza o ano satirizando coa falta de ganas de traballar, nunha canción que se achega a un estilo máis punk, e que consolida así a súa aposta renovadora á par que ecléctica. O grupo recolle a letra extraída dunha cantiga popular galega para reeditala baixo un son moito máis canalla, outorgándolle unha nova vida baixo o mesmo significado. Este tema exerce como quinto adianto do grupo e actúa como apertura dun ano no que se espera moita máis música e concertos.

Gravada en LUFS Studios, coa mestura e masterización de Damian Mo, a canción conta cun videoclip dirixido por IzanMG que foi filmado en distintas localizacións de Vigo, Porriño, Ponteareas e As Neves.