ESTE TEMA É UN NOVO ADIANTO DO QUE SERÁ O SEU PRIMEIRO DISCO DE LONGA DURACIÓN, PREVISTO PARA COMEZOS DE 2026

O PASADO VENRES ANUNCIARON AS PRIMEIRAS DATAS DA SÚA XIRA “COMEZA O XOGO”, QUE ARRANCARÁ CO PASO POR DISTINTAS SALAS GALEGAS EN 2026

AS ENTRADAS PARA ESTES CONCERTOS ESTÁN XA Á VENDA EN ENTERTICKET.ES

Baixo o nome de Seres de luz, a banda galega Vimbio publica novo sinxelo do que será o seu primeiro disco de longa duración, pechando así un ano 2025 no que se viviu o despegue do proxecto, con diversos lanzamentos de cancións, as colaboracións con Hugo Guezeta ou Nadie González e concertos por toda Galicia. Desta maneira sentas as bases de cara a un ano 2026 que se prevé incluso mellor, co lanzamento do seu primeiro traballo de longa duración, o anuncio da súa xira que arrincará en salas galegas e moitas máis actuacións por anunciar.

Seres de luz xira entorno a ser un mesmo, sen deixar que as opinións alleas te gobernen. O tema critica como algunha xente é capaz de escudar na corrección política para atacar a alguén por motivos persoais, agochando comportamentos hipócritas e pouco consecuentes. Arrancando cun fragmento dun discurso do filósofo iugoslavo Slavoj Žižek sobre a corrección política, a banda achégase ao metal máis clásico, incluíndo fragmentos guturais interpretados por Álex Arnoso.

Partindo dende un retrouso moi diferencial, que transmite a idea principal do tema, foron construíndo arredor del o resto das partes, prantexando situacións nas que aplique esa negativa a deixar que as presións dos demais nos digan que facer. Desta maneira atoparon a idea conceptual da xente que retorce conceptos para atacar a quen non lle gusta.

PRIMEIRAS DATAS DA SÚA XIRA “COMEZA O XOGO”

A banda anunciou a semana pasada a posta en marcha da xira “Comeza o Xogo”, co anuncio de cinco salas galegas, ás que se unirán proximamente novas datas. O punto de partida terá lugar o próximo 24 de xaneiro no Centro Social Artàbria (Ferrol), e con ela confírmanse as datas para o 7 de febreiro no Pub Gatos (Melide), o 21 de febreiro na Casa das Crechas (Santiago de Compostela), o 18 de abril na sala Kominsky (Vigo) e por último o 2 de maio na sala Mardi Gras (A Coruña). Estas serán as primeiras datas nas que a banda presentará en vivo o seu primeiro disco de longa duración. As entradas para estes primeiros cinco concertos están xa á venda en enterticket.es.

XIRA “COMEZA O XOGO”

07/02 · Pub Gatos · Melide | ENTRADAS

21/02 · Casa das Crechas · Santiago | ENTRADAS

14/03 · Centro Social Artabria · Ferrol | ENTRADAS

18/04 · Kominksy · Vigo | ENTRADAS

02/05 · Mardi Gras · Coruña | ENTRADAS