O artista español máis escoitado no mundo chega a BIGSOUND en Galicia xunto a grandes nomes como Nicky Jam, Omar Montes, Abraham Mateo, Juan Magán, Amaia, Tanxugueiras, Cali y El Dandee, La Zowi, Ptazeta, Julieta, Depol, Marc Seguí e María Escarmiento

BIGSOUND Pontevedra celebrará a súa primeira edición os días 11 e 12 de xullo de 2025 no Parque de Tafisa. Entradas e máis información en bigsoundfestival.com

A primeira edición de BIGSOUND Pontevedra, que se celebrará os días 11 e 12 de xullo de 2025 no Parque de Tafisa, promete ser o evento do verán en Galicia. Tras un lanzamento irresistible, con miles de entradas vendidas nas primeiras horas, o festival anuncia a incorporación de Rels B, o artista español máis escoitado no mundo neste ano 2024.

Con máis dunha década de traxectoria, Rels B é un fenómeno internacional. Os seus temas como “A Mí”, “Lejos de Ti” e “Mejor No Nos Vemos” acumulan millóns de reproducións en plataformas dixitais, mentres que o seu recente éxito “La Vida Sin Ti” alcanzou o disco de ouro apenas catro semanas despois do seu lanzamento. Ao longo da súa carreira, traballou con artistas como Duki, Nicki Nicole e Nathy Peluso, consolidándose como un dos grandes referentes da música urbana global.

REFERENTES INTERNACIONAIS

BIGSOUND Pontevedra contará cunha selección de estrelas internacionais que marcaron o panorama global da música urbana:

  • Nicky Jam, un dos pioneiros do reguetón, recoñecido por éxitos como “El Perdón”, “Hasta el Amanecer” e “X”. Con máis de 37 premios internacionais, incluídos nomeamentos aos Latin Grammy, a súa traxectoria converteuno nunha das figuras máis influentes do xénero.
  • Juan Magán, o rei do electro-latino, redefiniu a música latina con himnos como “Bailando por Ahí” e “Ella No Sigue Modas”, logrando múltiples certificacións de platino e millóns de streams globais.
  • Cali y El Dandee, o dúo colombiano que fusiona pop e música urbana, son coñecidos por hits como “Yo Te Esperaré” e as súas colaboracións con grandes figuras como Aitana, Rauw Alejandro e Luis Fonsi, acumulando máis de 30 millóns de oíntes mensuais.

AUTENTICIDADE, FUSIÓN E TRADICIÓN CONTEMPORÁNEA

BIGSOUND Pontevedra tamén ofrece propostas únicas que destacan pola súa autenticidade e capacidade para conectar tradición e modernidade:

  • Amaia, gañadora de Operación Triunfo 2017, mestura pop e folk cunha sensibilidade artística que a consolidaron como unha das voces máis auténticas de España. Con temas como “El Encuentro” e “Cuando No Sé Quién Soy”, cativaron a millóns.
  • Tanxugueiras, o trío galego que combina tradición e modernidade, revolucionaron a música galega con cancións como “Terra” e “Midas”. Levaron a súa proposta única a festivais internacionais, destacándose como embaixadoras da cultura galega.

GRANDES REFERENTES FEMININOS NACIONAIS DO XÉNERO

BIGSOUND Pontevedra pon en valor o talento feminino na música urbana cun potente grupo de artistas nacionais:

  • La Zowi, icona do trap estatal, revolucionou o xénero co seu estilo transgresor en temas como “Raxeta” e “Pussy Taste”, consolidándose como un referente de empoderamento e autenticidade.
  • Ptazeta, sensación canaria que conquistou o mundo con “Cri-Criminal” xunto a Bizarrap, posicionouse como unha das voces máis escoitadas da escena urbana grazas á súa versatilidade.
  • Julieta, promesa emerxente do pop urbano, combina reguetón e electrónica en temas cargados de frescura e enerxía. O seu álbum “5AM” captou a atención da nova xeración.
  • María Escarmiento, coñecida pola súa exploración de sons alternativos e experimentais, mestura reguetón, hyperpop e electrónica no seu álbum “Cosas de Brujas”, consolidándose como unha voz innovadora.

MÁIS ESTRELLAS QUE BRILLARÁN EN BIGSOUND

O festival tamén contará con:

  • Omar Montes, unha das figuras máis versátiles da música urbana en España, coñecido por temas como “Alocao” e “Solo”, que dominaron as listas de éxitos.
  • Abraham Mateo, fenómeno global dende a súa xuventude, colaborou con grandes nomes como Jennifer Lopez, Maluma e Becky G, conquistando as listas internacionais con temas como “Loco Enamorado”.
  • DePol, xove promesa do pop español, cuxas cancións como “Ibiza” e “Quién Diría” lideraron as listas nacionais, conectando cunha nova xeración de fans.
  • Marc Seguí, orixinario de Mallorca, é coñecido polo seu estilo fresco e persoal, con éxitos como “Tiroteo Remix” xunto a Rauw Alejandro, que o levaron á escena internacional.

_______ ENTRADAS _____ 

Os abonos xerais están dispoñibles en bigsoundfestival.com, Aproveita os prezos promocionais ata o 15 de decembro e asegura a túa entrada antes de que suban. Prepárate para o evento do verán!

Os días 11 e 12 de xullo de 2025, o Parque de Tafisa será o escenario desta experiencia inesquecible que promete marcar un antes e un despois na música e a cultura en Galicia.

BIGSOUND: MÁIS QUE UN FESTIVAL DE MÚSICA

Organizado por BS Entertainment e a promotora PlayPlan, en colaboración co Concello de Pontevedra, BIGSOUND Pontevedra non só levará a Galicia o mellor da música urbana, senón que tamén terá un impacto positivo na rexión. Este evento distínguese polo seu compromiso coa sustentabilidade, a promoción cultural e o impulso económico local, consolidándose como un espazo de conexión entre marcas, artistas e público. Cun legado que comezou en Valencia e expandiuse a Sevilla en 2024, BIGSOUND posicionouse como un dos festivais de música urbana máis importantes de Europa. A súa capacidade para reunir a grandes figuras internacionais, talentos nacionais e novas promesas convérteo nun evento único que celebra a diversidade e a innovación musical.