A BANDA SALMANTINA EVOCA UN ENCONTRO PAIXONAL NO ÚLTIMO ADIANTO DO SEU PRÓXIMO TRABALLO DISCOGRÁFICO
O DISCO VERÁ A LUZ O PRÓXIMO 6 DE NOVEMBRO

A banda salmantina The Son of Wood presenta o seu novo sinxelo Fauno, último adianto do seu novo traballo discográfico, que verá a luz o próximo venres 6 de novembro. Nel, a agrupación mergúllase nunha relación amorosa e un encontro sexual personificado mediante a entrega e paixón enfermiza do propio proxecto musical no que están inmersos dende case unha década.
Cun estilo cercano ao indie-rock, Fauno desenvólvese cun magnetismo dende principio a fin que envolve todo o tema, en especial o seu retrouso. Xogando con melodías de voz incisivas e unha instrumentación empastada con matices orquestrais, a banda aposta pola representación mediante o son de todo iso que pretenden transmitir na súa letra.
Este novo sinxelo, gravado en Garate Studios (Andoain, Gipuzkoa) por Kaki Arkazo (músico e produtor en bandas como Kortatu), está producido por Diego Galaz, músico de Fito & Fitipaldis e produtor de artistas como La M.O.D.A. ou Rozalén. Xunto a el, a mestura corre a cargo de Lucas Piedra, que participou en traballos de artistas como Xoel López, Valeria Castro ou Jorge Drexler. Para completar, o mastering está realizado por Jaco Naya, exmembro de La M.O.D.A. e partícipe de traballos xunto a Valeria Castro, Mikel Erentxun, Sidecars ou Grande Amore. Os tres son xa o equipo habitual da banda nestes últimos adiantos.