ESTE NOVO TEMA DA BANDA SALMANTINA EXPLORA A DOR REIVINDICANDO QUE QUENES XA NON ESTÁN PERMANECEN VIVOS NOS NOSOS ACTOS E PALABRAS 

A banda salmantina The Son of Wood publica o seu novo sinxelo, Flores secas, unha canción que nace do dó e o atravesa en primeira persoa. O grupo reflexa a perda dun ser querido cun retrato musical que se move entre a tristeza da ausencia e o orgullo de saber que quenes marcharon continúan formando parte deles. Este novo tema ve a luz tras os recentes lanzamentos de Domingo, Ver Amanecer e En la solapa, todos eles adiantos do que será o seu inminente traballo discográfico. 

Flores secas combina elementos de balada rock con sons de raíz, bebendo de referencias como Wind of Change de Scorpions ou Si te vas… de Extremoduro, pero achegándose ao terreo propio de The Son of Wood. Cun forte peso na parte instrumental, as percusións e os violíns gañan espazo para ser protagonistas e aportar unha dimensión acústica e orgánica. 

A canción, gravada en Garate Studios, corre baixo a produción de Diego Galaz, músico e produtor burgalés, coñecido polo seu traballo con artistas como La M.O.D.A., Quique González, Rozalén, Pedro Pastor ou El Nido, entre moitos outros. A mestura foi realizada por Lucas Piedra Cueva, enxeñeiro de mestura de traballos como Chiquita de Valeria Castro ou Caldo Espírito de Xoel López, así como produtor do último disco de Jorge Drexler, Taracá. Pola súa parte, o mastering é obra de Jaco Naya, enxeñeiro de referencia e exmembro de La M.O.D.A.