Tanxugueiras estrean hoxe o seu novo single, “As que tiñan que estar”, no que colaboran con Juancho Marqués.

O tema será un dos últimos lanzamentos de Tanxugueiras deste 2023, chegando xusto antes do seu concerto fin de xira o 16 de decembro no Coliseum da Coruña, bautizado como O DERRADEIRO DILUVIO. Esta data preséntase cunha relevancia especial posto que conseguirán o fito histórico de ser as primeiras artistas en galego que consigan encher o maior recinto pechado de concertos do noroeste da Península, vendendo máis de 5.000 entradas en só 24 horas tras a súa posta á venda fai uns meses. Sen dúbida, o tema formará parte do setlist escollido para unha das noites máis importantes da carreira das artistas ata o día de hoxe.

A canción, que ven acompañada por un vídeo producido por Trece Amarillo e PlayPlan, xira arredor dos conceptos de amizade, compartir, e ter ao teu carón ás persoas que suman, propoñendo a compañía como algo sanador, pero tamén de estar en paz cun mesmo e de poñer en valor todo o que nos brinda a vida. En resumo, de vivir e non simplemente existir, e facelo rodeados de xente que aporta, nun intento de transcender persoalmente.

O tema chega cun novo recoñecemento ao traballo e traxectoria do trío galego, que este pasado fin de semana alzouse co Premio da Crítica de Galicia na categoría Música: Dende 1978 e de forma ininterrompida, estes galardóns recoñecen cada ano a excelencia e a relevancia das labores individuais e colectivas máis destacadas nos diversos ámbitos da creación cultural e da investigación en Galicia.

Pola súa parte, a Xira Midas continúa levando a súa música por todo o estado. Tras máis de 120 concertos por todo o estado, as cantareiras están a dar boa conta da súa nova proposta dende 2022. Burgos será a última data da xira antes da parada final, O Derredeiro Diluvio, o histórico concerto de fin de xira no Coliseum da Coruña.

 ** PRÓXIMAS DATAS**

24/11 • Sala Andén 56 • Burgos
16/12 • O Derradeiro Diluvio (Coliseum A Coruña)