Este doble recoñecemento o seu último disco Diluvio, xunto co premio Odeón a Artista Revelación Alternativa 2023, mostran o gran momento profesional do grupo

Javier Bragado

A gala do XV Aniversario dos Premios MIN tivo lugar onte á noite en Palma de Mallorca, reunindo e premiando aos artistas máis destacados da escena independente do noso país no último ano. Tanxugueiras, nominadas en sete categorías, conseguiron gañar dúas delas: ‘Mellor álbum de música de raíz’ e ‘Mellor álbum en galego’ por Diluvio, o seu último disco, editado no verán de 2022 por Calaverita Records.

Na gala, presentada por Samantha Hudson, tamén foron premiados Los Estanques e Anni B Sweet (gañadores en cinco categorías) ou Biznaga (en dúas). O resto dos gañadores da noite pódense consultar AQUÍ.

Este dobre recoñecemento para o trío galego chega xusto despois de recoller o mes pasado o premio Artista Revelación Alternativa 2023 dos Premios Odeón e apenas dúas semanas despois da estrea do seu novo tema Aire, producido por Lowlight (C. Tangana, Israel B, Yung Beef, Albany e un longo etcétera de músicos da escena urbana) e na que demostran unha vez máis a súa continua exploración de novos retos e posibilidades sonoras.

Da man de PlayPlan, Tanxugueiras continuarán durante todo o verán percorrendo o estado coa súa ‘Xira Midas‘, que en breve fará as seguintes paradas:


 26/05 • Fiestas de mayo• Santa Cruz de Tenerife

 04/06 • Guitiriz • Lugo

17/06 • Festival Plenilunio Folk • Maliaño, Camargo (Cantabria)

23/06 • Sestao • Bizkaia

24/06 • A Estrada• Pontevedra

01/07 • Asalto ao Castelo• Vimianzo (A Coruña)

08/07 • Nits al Castell • Xàtiva (Valencia)

21_22/07 • Festival Leturalma • Letur (Albacete)

15/08 • Monforte de Lemos• Lugo

01/09 • Valladolid • Valladolid

14_17/09 • Emmusikadas• Iruña (Pamplona)

 ¡E máis por anunciar!

Operación financiada pola Unión Europea, a través de FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), como parte da resposta da Unión á pandemia do COVID-19