Os concertos previos das cantareiras (Pontevedra, Fuenlabrada, Arzúa e Santander) foron un éxito rotundo, conseguindo que o público ateigara todos os recintos.

Unha vez máis, Tanxugueiras volve alcanzar un soño. Olaia, Aida e Sabela, para as que dende hai tempo, e como di a letra da canción de Muerdo na que colaboran, “llegadas hasta aquí, sabemos que ya nada es imposible”, volveron ver como poden seguir alcanzando novos fitos. O grupo galego aterrou en Barcelona coa súa ‘Xira Midas’ 2023, na que presentan o seu novo disco ‘Diluvio’, e lograron encher o Palau de la Música, co público rendido ao seu novo espectáculo.

Pontevedra, Fuenlabrada, Arzúa e Santander xa lles mostraron que a xente está ansiosa por escoitar, cantar e bailar os seus novos temas e tamén os éxitos de sempre, que non poden faltar en cada un dos seus concertos. A súa enerxía e empoderamento e o seu novo espectáculo cheo de emoción, fan que o público se convirta, dende o principio, nun membro máis de Tanxugueiras.

Pero o Palau de la Música son palabras maiores. A única sala de concertos declarada Patrimonio Mundial pola UNESCO e punto de encontro ineludible da vida cultural e social de Cataluña. Sen embargo, nada lles impón. O grupo galego, cunha incrible posta en escena, un espectáculo de luces e son, o seu impecable vestiario e as súas voces prodixiosas , chegou e triunfou, dende que saiu ó escenario. O Palau cheo, o público volcado dende o minuto 1, e un concerto incrible que conseguiu tocar a sensibilidade dos presentes e tamén a de Sabela, Aida e Olaia, cunha ovación final de varios minutos.

Tanxugueiras volve estar nominado, este ano, nos premios MIN de la Música Independiente en diferentes categorías. Aida, Sabela e Olaia xa gañaron o premio MIN a Mejor Disco galego en 2018 e Mejor Artista Emergente en 2022.

PRÓXIMAS DATAS ‘XIRA MIDAS’ 2023

14/04 • Festival Strenes • Teatre Municipal (Girona)

28_29_30/ 4 • Festival Viña Rock • Villarrobledo (Albacete)

29/04 • Festival Sons de Ánkar • Poio (Pontevedra)

08/07 • Nits al Castell • Xàtiva (Valencia)

21_22/07 • Festival Leturalma• Letur (Albacete)

Operación financiada pola Unión Europea, a través de FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), como parte da resposta da Unión á pandemia do COVID-19