A piques de que salga á luz o próximo 29 de xullo “DILUVIO”, o terceiro disco de Tanxugueiras, a banda aterra en Times Square (Nova York) ao converterse no grupo protagonista do mes de xullo dentro da campaña Equal España, unha proposta de Spotify para fomentar a igualdade de xénero na música.
Fai xa a túa compra anticipada!
A prevenda de DILUVIO está activa así que xa podes mercar este traballo e ser das primeiras persoas en recibilo.
Nel, Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro guiarannos por unha viaxe de preguntas, de cuestionar crenzas e presuntas culpas. Un camiño a través dos verbos ver, escoitar, equivocar, lembrar, recuperar, abrazar, empoderar…
En resumo: trátase dunha antoloxía de dez aprendizaxes que se materializan en temas como os xa coñecidos pola público “Desidia”, “Midas”, “Pano Corado”, “Seghadoras”, “Averno”, “Figa” e “Terra”, e nas novas cancións “Arica”, “Sorora” e “Fame de Odio”.
Son o son dun pobo internacionalizado.
Son a cultura tradicional na pista de baile.
Son todos os mundos nun.
Porque para Tanxugueiras “non hai fronteiras”.
Operación financiada pola Unión Europea, a través de FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), como parte da resposta da Unión á pandemia do COVID-19