As galegas son a banda que máis nominacións recibiu, estando presentes nun terzo das categorías (21 en total)

LaMontagne y PicoAmperio, nominados ao ‘Mejor Álbum en galego
Neelam Khan

Hoxe déronse a coñecer as candidatuiras aos Premios MIN 2023, nunha inicitiva que celebra este ano a súa XV edición e que pretende recoñecer a artistas e profesionais da industria musical independente do estado.

Organizados pola Unión Fonográfica Independente (UFI), os Premios MIN naceron en 2009 para recoñecer a creación, diversidade e calidade artística das producións independentes feitas en España. Despois de catorce edicións, consolidáronse como un referente da industria musical española 

Formada por 21 categoríasTanxugueiras foi a banda que máis candidaturas conseguiu –7 en total– nesta edición, correspondente ao seu último disco, Diluvio, publicado en 2022. As categorías nas que optan a conseguir un premio son as seguintes:

‘The Orchard a Álbum del Año’
‘Sympathy for the Lawyer a Mejor Videoclip’ 
por “Averno”, xunto a Rayden e dirixido por Trece Amarillo
‘Álbum Música de Raíz’
‘Álbum en Gallego’
‘SAE Spain a Producción Musical’ 
Tanxugueiras e Iago Pico
‘Mejor Letra Original’ por “Pano Corado”
‘Ticketmaster a Mejor Directo’

Tanxugueiras, pola súa banda, continúan estes meses imparables percorrendo toda a xeografía española da man da súa axencia de xestión, PlayPlan, e o vindeiro mes de maio chegará con novidades do trío galego en forma de nova música, editada por Calaverita Records.

** VINDEIRAS DATAS **
 

29/04 • Festival Sons de Ánkar • Poio (Pontevedra)

30/04 • Festival Viña Rock • Villarrobledo (Albacete)

04/06 • Guitiriz • Lugo

08/07 • Nits al Castell • Xàtiva (Valencia)

21_22/07 • Festival Leturalma • Letur (Albacete)

01/09 • Valladolid • Valladolid

 ¡E máis por anunciar!

Laura e Pedro, LaMontagne e PicoAmperio, tamén teñen unha nominación a Mellor álbum en galego. O punto de encontro deste dúo, capaz de establecer pontes coa tradición devolvéndoa ao presente a través de sons futuristas e tecnolóxicos, será sempre onde se fusionen a vangarda e a tradición atlántica. Conségueno utilizando bases de trip hop, moito flow e tintes de contracultura.

** VINDEIRAS DATAS **
 

06/05 • Galegote • Pontevedra

17/05 • Letras Galegas- Museo Viladonga • Lugo

23_24/06 • Suirfing The Lerez • Pontevedra

14_15/07 • Carrilanas • Esteiro (Muros)

3_5/08 • Festival SonRías Baixas • Bueu (Pontevedra)

Os gañadores daranse a coñecer nunha gala que, para a ocasión, se trasladará a Palma de Mallorca e que contará con Samantha Hudson como mestra de cerimonias.

Operación financiada pola Unión Europea, a través de FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), como parte da resposta da Unión á pandemia do COVID-19

X