Ardé Bogotá, Lamatumbá, Ortiga e Pili Pampín, Lamontagne e Pico Amperio, Grande Amore, María de Juan, Dubioza Kolektiv e o DJ set de Ninhodelosrecaos completan a xornada final

Natos y Waor foi o concerto máis destacado da xornada do venres

Aldara Zarraoa

O 20º aniversario do festival SonRías Baixas chega hoxe ao seu fin. Nesta terceira e última xornada, a festa comezará ás 12.30h no recinto Multiusos de Estacada de Bueu, cunha sesión vermú que estará amenizada por dúa propostas 100% gallegas. Por un lado, os veteranos Lamatumbá volven aos escenarios para deixar claro que seguen coas mesmas ganas de festa e verbena que en 1998, ano no que comezaron a súa andadura na música. Ortiga e Pili Pampín polo seu, xa nos demostraron con “0 Galo (Remix)” que a electrónica de club non está nin moito menos reñida co reportorio popular galego e en Bueu presentarán un novo xénero musical… o seu propio! tan xenuino como imposible de resistir na pista de baile.

Pola noite, o recinto voltará a abrir para recibir cos brazos abertos e ganas de festa ao resto de bandas que participarán na recta final, sendo La Pegatina un dos pratos fortes. Unha das nosas bandas máis internacionais volta por sexta vez ao festival para celebrar tamén as súas dúas décadas en activo. No seu “20 Aniversario Tour” presentarán novo espectáculo cunha posta en escena renovada, máis enérxica que nunca, e á altura da festa que sempre suxire a súa música. Neste concerto tan especial, celebraremos por todo o alto vinte anos medrando xuntos.

O Escenario Turismo Sonrías Baixas acollerá a Macaco como cabeza de cartaz. O artista barcelonés entregará ao público os seus hits interxeracionais e as cancións do seu novo álbum onde conviven músicas de raíz con rumba, cumbia, folk e tango.  Arde Bogotá, convertidos sen dúbida nunha das bandas revelación de 2023, traerán ao escenario Fest Galicia o seu rock-pop con letras de tinte xeracional e a un directo impecable, divertido e enérxico. Os sons balcánicos tradicionais correrán a cargo da formación bosnia Dubioza Kolektiv coa súa mistura de rave, ska e unha enerxía imparable en directo con letras que se centran na protesta política e a reivindicación social. O folclore continuará con María de Juan e a súa revisión da copla española, envolta nun imaxinario cinematográfico con bases electrónicas de pop, sintetizadores e  samples. As propostas galegas terán cabida esta última noche con artistas como LaMontagne & PicoAmperio, dúo que revive as raíces a través de sons futuristas e tecnolóxicos ou Grande Amore, un dos nomes máis punteiros da escena alternativa que nos fará partícipe da súa desesperación existencial co seu ton humorístico, vulnerable e a ritmo de techno oitenteiro. Ademáis, á 1 am está programada unha actuación sorpresa no Escenario Turismo Rías Baixas que precederá a Ninhodelosrecaos DJ, alias tras o que se agocha Rubén Sierra Jiménez, cantante e guitarrista de La Pegatina. Unha sesión pola que sonarán ritmos de rumba, rock, ska, punk, merengue ou salsa e que porá o broche final ao 20º aniversario de Sonrías Baixas da maneira máis divertida.

Aldara Zarraoa

Anoite, os rapeiros Natos y Waor foron os encargados de ateigar o escenario principal, ofrecendo un show dunha hora e media cheas de enerxía, lume e actitude e no que non faltaron os seus grandes clásicos e tamén temas do seu novo disco, “Luna Llena”. A programación completouse con Queralt Lahoz, encargada de abrir a xornada e pesentando o seu novo disco, “Alto Cielo”, actuación á que seguiu La Ganga Calé cun directo cheo de bo rollo, Lia Kai, que nosp rometía un show mix de reggae, jazz, soul e rap, e así o vivimos, e Cool Nenas fixéronnos bailar sen parar durante todo o seu set, colorido e cheo de temazos. Semellatevtraballo fixo Tremenda Jauría grazas ao seu reggaeton feminista e cheo de mensaxes importantes, e con Muyayo Rif pechamos a xornada contaxiados de ganas de vivir e bo rollo.

SonRías Baixas 2023 é un festival promovido pola promotora PlayPlan Cultural. Conta coa colaboración institucional do Concello de Bueu, Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas, RíasBaixas Fest e Xunta de Galicia a través do Xacobeo e do programa FEST Galicia. O evento tamén conta co patrocinio de El Águila e Johnnie Walker.

Rocío Cibes

DESCARGA AQUÍ AS FOTOS DO VENRES