O festival, no que destacaron os concertos de Natos y Waor, La Pegatina, Arde Bogotá ou Macaco, sumou un total de 22.400 personas asistentes cun público maioritariamente xove
La Pegatina celebrou anoite os seus vinte anos de formación na que foi unha das actuacións máis especiais do sábado
A 20ª edición do SonRías Baixas xerou un impacto económico no territorio de 1’5 millóns de euros e 540 empleos directoe 1’5 millones de euros y 540 empleos directos
O 20º aniversario do SonRías Baixas, celebrado os días 2, 3, 4 e 5 de agosto no recinto Multiusos da Estacada de Bueu, finalizou con récord histórico de asistencia e valoracións positivas sobre o seu desenvolvememnto por parte tanto do público como dos artistas implicados. O festival continúa un ano más siendo una de las citas de referencia del verano en las Rías Baixas. As xornadas, que nesta edición engadiron unha festa de presentación o mércores para dar a benvida aos asistentes, desarrollouse con total normalidade e sen incidentes.
Parece que o gran formato sentoulle ben a un festival que medrou exponencialmente e a todos os niveis dende os sus inicios en 2003. Para o codirector do festival, Jordi Lauren, esta edición “foi especial porque xamáis houbera pensado cando iniciamos o proxecto, de maneira modesta, que iamos cumprir vinte anos e profesionalizarnos a este nivel”, afirma Jordi Lauren, CEO de PlayPlan Cultural – organizadora do evento -. “É todo un logro para nós ser parte do organigrama cultural da zona, reivindicando sempre o poder da música como nexo de unión. No SonRías Baixas estamos moi contentos de deixar patente que este tipo de eventos se poden celebrar ofrecendo unha experiencia de calidade aos asistentes, sostible e coidando tanto a oferta musical como a experiencia global de todos os que se unen ano tras ano”.
O espírito SonRías aposta por ofrecer ao seu público unha experiencia musical completa e turística no corazón das Rías Baixas galegas, con tres xornadas cheas de potentes directos, praia, gastronomía e rodeados de natureza. Un marco de convivencia máxico e inigualable que aúna artistas, público e tamén aos habitantes da comarca. A celebración do festival supuxo este ano a contratación de 22 bandas e os seus respectivos equipos, así como multitude de acordos económicos de proveedores circundates.
O impacto económico na zona alcanzou este ano uns 1’5 millóns de euros. “Para nós é moi importante manter o festival fiel á súa esencia e no lugar que o viu nacer e medrar”, expón Lauren. O 20º aniversario do SonRías Baixas xerou 540 empregos directos e contou con empresas de proximidade para favorecer o emprego no territorio e por en valor produtos de km 0. O seu desenvolvemento non só beneficiou ao texido turístico e hosteleiro de Bueu sino tamén ás localidades da contorna da vila mariñeira.
O número de asistentes desta edición ascende a 22.400 persoas, récord histórico nos seus vinte anos de celebración. Aínda que ano tras ano a vocación interxeracional do festival queda máis patente, cabe destacar como dato positivo que o público continúa sendo maioritariamente feminino, e moi xove. Esta última cifra deixa patente que Sonrías Baixas é a primera experiencia festivaleira para moitos deles, non obstante só en 2023 acreditáronse mis de 300 menores e a cifra de asistencia da franxa de idade que vai dos 18 ós 30 anos ascende ao 40%.
Onte pola noite a última xornada estivo marcada polo ambiente festivo e de celebración. Xa dende pola mañá e durante a sesión vermú, un clásico xa de nosa programación e cun claro acento galego, Lamatumbá deixaron claro que voltaron para quedar e Ortiga e Pili Pampín puxeron a bailar a todo o persoal recuperando temas clásicos que todo local coñece reversionados en clave de autotune e con bases electrónicas.
La Pegatina, vellos coñecidos de Bueu e na súa sexta visita, contaxiaron a un recinto cheo da súa enerxía grazas a un show cheo de momentos memorables e moito confeti, coa aparición de Macaco incluida. O catalán festexou o seu aniversario sobre o escenario e tampouco defraudou cun show no que, seguindo a súa filosofía vital, instou a vivir de forma pacífica e fixándonos só nas cousas importantes. Arde Bogotá, pola súa parte, demostraron co seu contudente set no Escenario Fest Galicia por que son unha das bandas das que todo o mundo fala e, sen dúbida, unha das promesas do panorama indie nacional. Os bosnios Dubioza Kolektiv fixéronnos bailar na súa ska-rave de conciencia social na que ata tivo cabida unha reinvidicación eurovisiva.
Os encargados de inaugurar o Escenario Rías Baixas foron Lamontagne & PicoAmperio, e pouco despois Grande Amore reafirmouse como un dos talentos galegos máis singulares dos últimos tempos. Coa súa mistura de pop-punk existencialista, conectou co lado máis visceral do público. María de Juan derrochou arte e raíz na súa actuación e Cool Nenas repetiron como conbvidadas sorpresa coa súa contaxiosa performance chea de temazos. O fin de fiesta correu a cargo de Ninhodelosrecaos, nun DJ set que, a pesar das altas horas, ayudou a pechar este vinte aniversario do festival por todo o alto.
SonRías Baixas 2023 é un festival promovido pola promotora Play Plan Cultural. Conta coa colaboración institucional do Concello de Bueu, Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas, RíasBaixas Fest e Xunta de Galicia a través do Xacobeo e do programa FEST Galicia. O evento tamén conta co patrocinio de El Águila e Johnnie Walker.