A organización publica o horario completo das tres xornadas, con actuacións desde as 17:00 ata as 3:00 horas. 

Os concertos repartiranse entre o Escenario Xacobeo 2027 e o Escenario Turismo Rías Baixas, permitindo gozar de toda a programación sen solapamentos. 

O festival SonRías Baixas publica hoxe os horarios da súa próxima edición, que se celebrará no recinto das Lagoas, en Bueu (Pontevedra), do xoves 30 de xullo ao sábado 1 de agosto

Tras anunciar fai unhas semanas a distribución por xornadas e pechar definitivamente o cartel coa incorporación de Biznaga, o festival dá un paso máis cara á súa celebración desvelando os horarios completos das tres xornadas. O público poderá comezar xa a planificar unha fin de semana que comezará o xoves 30 con Duendeneta Dilleis inaugurando a Zona Gastro, antes de dar paso a VeintiunoJuventude Alcalá Norte, mentres que Hoonine será a encargada de pechar a primeira noite coa súa proposta de electrónica, house e synthpop. 

venres 31 estará marcado pola convivencia entre o rock e a electrónica. A xornada arrincará con EME DJ, que animará o espazo gastronómico durante a xornada, e continuará con UlexChiquita MovidaRagerBarry BSobrezero Ultraligera, antes de que Kike Varela tome o relevo na recta final da noite. O peche do venres correrá a cargo de Zahara (Rave), que porá o broche á xornada co seu espectáculo inmersivo en clave techno. 

sábado 1 de agosto reunirá algúns dos concertos máis esperados desta edición. Duendeneta Dilleis volverá amenizar a Zona Gastro durante a xornada, que arrincará cos espectáculos de AlizzaBiznaga Gara Durán. Xa pola noite chegarán os directos de La M.O.D.A. Mr. Kilombo La Pegatina, mentres que os mexicanos Sonido Gallo Negro NDLR serán os encargados de despedir a 23ª edición de SonRías Baixas ata as tres da madrugada. 
 
Os últimos abonos e entradas de día para SonRías Baixas continúan dispoñibles a través sonriasbaixas.info e enterticket.es.  

Tras unha edición de récord en 2025, que superou as súas mellores cifras de asistencia e retorno económico para a comarca, SonRías Baixas continúa medrando sen renunciar á súa esencia de festival próximo, inclusivo e profundamente vencellado ao territorio. A pasada edición xerou un impacto económico de 3,1 millóns de euros e preto dun milleiro de empregos directos, consolidando o seu papel como un dos principais motores culturais, turísticos e económicos de Bueu e as Rías Baixas. 

Este crecemento veu acompañado ademais polo recoñecemento internacional obtido nos Iberian Festival Awards 2026, onde o festival foi distinguido con tres galardóns: Best Festival Photo, concedido por segundo ano consecutivo ao fotógrafo Javier Bragado; Contribution to Sustainability e Best Hosting and Reception, premios que recoñecen tanto o seu compromiso coa sustentabilidade como a experiencia que ofrece ao público. 

SonRías Baixas está promovido pola produtora PlayPlan, responsables tamén de BIGSOUND Pontevedra, Festival do Pasatempo e Fumega Fest. Conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo así como coa colaboración de Galicia Calidade e Xacobeo 2027; a colaboración institucional do Concello de Bueu; e o patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas, a través da marca Rías Baixas Fest. O evento conta, ademais, coa colaboración de Bico de Xeado e Los40 Radio3 como medios oficiais. 

Foto: Javier Bragado