Dentro da súa posta en valor da cultura e lingua galega, o grupo de música urbana, SonDaRúa, grava un sinxelo para a serie documental ‘Acorda Volumen II’ con Uxía Senlle.

O documental ‘Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra’ do que Uxía é a codirectora artística da peza, preténdese a través da música e dos testimonios recreados por actores e actrices “dar voz ás vítimas a través das cancións en situacións concretas e lugares simbólicos”. Na peza mostra lugares da memoria histórica e feitos relacionados coa represión franqusta na provincia de Pontevedra co apoio das voces de artistas do panorama musical galego.

Operación financiada pola Unión Europea, a través de FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), como parte da resposta da Unión á pandemia do COVID-19