OS PRIMEIROS ADIANTOS DO TEMA ESTÁN A CAUSAR SENSACIÓN EN REDES SOCIAIS, ACUMULANDO CENTOS DE MILLEIROS DE REPRODUCIÓNS

MADRID E BARCELONA ACOLLERÁN AS PRIMEIRAS ACTUACIÓNS DE SILEE FÓRA DE GALICIA COMO PARTE DA XIRA DE PRESENTACIÓN DO SEU PRÓXIMO DISCO NO PRÓXIMO ANO 

ESTA NOVA CANCIÓN EXERCE DE QUINTO ADIANTO DO SEU NOVO TRABALLO DISCOGRÁFICO TRAS MILAJROS DE AMIL, BRUXA CURUXA, ORBALLO E FURANCHO 

Un dos grandes representantes da música urbana galega, Silee, publica o seu novo sinxelo Na de Juan, que exerce como quinto adianto do seu próximo traballo discográfico. Tras o enorme éxito viral de Milajros de Amil, primeiro sinxelo desta etapa que xa conta con preto dun millón de escoitas e que se colou entre os 20 temas máis virais de España na plataforma Spotify, e o lanzamento de Bruxa Curuxa, Orballo e Furancho, o bueuense volta á bachata para falar, dende a resaca emocional do verán, de non renunciar ao sitio de onde es. Este lanzamento vén acompañado dos primeiros anuncios de actuacións fóra de Galicia en 2027 do artista, como parte da xira de presentación do que vai ser o seu novo disco, con actuacións na sala LAUT de Barcelona o 18 de febreiro e na Sala Maravillas de Madrid o 19 de febreiro. As entradas estarán á venda proximamente.

Na de Juan xorde despois de atopar unha canción rusa de 19997, sobre a que xirou a inspiración para crear unha intro moi característica e distinta a todo o feito ata agora polo artista de Bueu. Tras un verán de moitos concertos e festivais, Silee bota a mirada cara atrás con este novo sinxelo para valorar o moito que desfruta de quedar na súa vila para gozar coa súa xente, sen preocuparse de grandes aglomeracións, agobios e o malestar dos grandes núcleos poboacionais e os seus eventos multitudinarios. Toda unha declaración de intencións para deixar claro que non se ten que renunciar a marchar do sitio de onde se é para facer unha vida, así como para desfrutar das festas do verán e gozar da tempada estival na túa vila. 

Este novo sinxelo vén acompañado dun videoclip dirixido polo propio Silee e gravado por Juan Gómez, aproveitando localizacións do centro de Vigo e da serra do Galiñeiro, reforzando así o carácter multidisciplinar do de Bueu. Desta maneira, Silee afronta os meses finais deste ano coa vista posta no lanzamento do seu novo álbum, xa afianzado como un dos grandes nomes deste 2026 na música galega, con Milajros de Amil a piques de chegar ao millón de escoitas, decenas de concertos e colaboracións con grandes artistas da escena como Kike Varela ou Kenneth.

PRÓXIMAS DATAS EN DIRECTO 

18/02 Sala LAUT · Barcelona 

19/02 Sala Maravillas · Madrid