O seu Ceniza tour percorrerá o país con 11 datas xa confirmadas

Sabela arranca o 2024 confirmando o Ceniza tour, unha xira por algunhas das grandes cidades de España en 11 datas, 6 das cales están realizadas coa axuda de Girando Por Salas. A cantante natural de Ourol lánzase de novo á estrada para continuar coa xira de presentación do seu último disco Ceniza, que comezou na Sala Capitol de Santiago de Compostela e que xa conquistou cidades como Madrid ou grandes festivais como o Festival Noroeste da Coruña, e onde interpretará os temas dos seus dous albumes publicados, así como novas cancións que verán a luz proximamente.

Este Ceniza tour comezará o 12 de abril na Sala La Vaca de Ponferrada, e pasará por grandes recintos do panorama musical español como a sala Café Berlín de Madrid (13 de abril), a Sala Heliogábal de Barcelona (27 de abril), a sala La Casa Del Mar de Valencia (28 de abril), a Sala X de Sevilla (9 de maio) ou a Sala Gong de Oviedo (4 de maio) entre outras. As entradas están dispoñibles xa na páxina web de Sabela.

A artista galega encara así un ano no que, ademais da súa xira por salas, tamén realizará concertos en festivais e publicará nova música. Todo isto xúntase ao recente anuncio da súa fichaxe por Warner Chappell Music, unha das máis grandes editoriais da industria musical mundial, que reforza e destaca así a súa faceta de compositora e produtora.

Primeiras datas anunciadas da xira de Sabela:

12/4・Sala La Vaca・Ponferrada, León (GPS) Comprar entradas

13/4 · Café Berlín · Madrid (GPS) Comprar entradas

25/04・Porta Caeli・Valladolid Comprar entradas

26/4 · Sala Informal · Tafalla, Navarra (GPS) Comprar entradas

27/4 · Sala Heliogábal · Barcelona (GPS) Comprar entradas

28/4 · La Casa De La Mar · Valencia Comprar entradas

3/5 · Universonoro · Palencia, Castilla y León Comprar entradas

4/5 · Sala Gong · Oviedo, Asturias Comprar entradas

5/5 · Sala Fundición · Logroño, La Rioja Comprar entradas

9/5 · Sala X · Sevilla (GPS) Comprar entradas

10/5 · Sala Kharma · Jaén (GPS) Comprar entradas