É o último adianto do seu novo disco, “Ceniza”, que sairá á venda o 3 de marzo. 

“Mucho Love” é o último adianto do novo disco de Sabela, “Ceniza”, que sairá á luz o próximo 3 de marzo. Lanzado o 14 de febreiro, de forma consciente, reivindica o amor propio, deixando entrever a importancia de non ceder ao común, de apostar por unha mesma e de confiar no instinto propio.

O tema da artista galega chega tras descubrir durante os pasados meses catro sinxelos(“No sé lo que sientes”, “Cidade desexo”, “Peligro de Extinción” y “Ya no me quiero ir”) e, tal como nos ten afeitos, xoga coa la música sen poñer límites ás cancións, explorando a fusión musical con toques jazz, hip hop e música ambiental.

O punto de partida do tema reside no libro de Kate Bolick titulado “Solterona. La construcción de una vida propia”. En palabras da propia artista: “Foi este libro o que puso o ingrediente final para comezar este tema. Non cando chegou ás miñas mans, senón cando llo regalei a unha amiga, sabendo que sería o seu aliado. Unha noite, na súa casa, reflexionando sobre nós a través del, propúxenlle comezar un tema. Tiña o meu novo ordenador e fixen un primer esbozo de produción cun pequeno teclado midi, unha scarlett e un shure sm7 nun piso no que me quedaba temporalmente durante o nadal de 2021. Mucho Love, non é máis (nin menos) que a dura e responsable decisión de estar soa, de amencer soa e de amencer con amor, propio e ao próximo. No é xusto nin san permanecer se non estás presente. É o resultado de confiar no instinto propio”. A cantante galega presentará ó público o seu disco “Ceniza” o 9 de marzo na sala Capitol de Santiago de Compostela.