Tras un día primeiro día que foi o máis multitudinario da historia do festival, a xornada do venres de SonRías Baixas mantivo o nivel e ofreceu a todos os seus asistentes unha tarde e noite cheas de boa música.

O protagonismo do día correu a cargo de Rozalén, quen na súa primeira visita a Bueu conseguiu reunir no Escenario Fest Galicia / Xunta de Galicia /Xacobeo á maior concentración de asistentes do día e ofreceu un repertorio no que percorreu os seus cinco discos de estudo e no que tamén incluíu cancións da súa recentemente estreado álbum, “O abrazo”. Ademais, houbo sorpresa no escenario, ao unirse Taxugueiras á albaceteña nun dos momentos máis especiais da noite.

Directos desde os Países Baixos aterraron en Bueu Chef’Special, quinteto que mestura con mestría melodías pop, rock, ritmos de hip-hop e reggae e que converteron o recinto nunha auténtica festa durante a súa case hora e media de actuación. O peche de escenario correu a cargo de Cool Meniñas, que volveron un ano máis a Bueu co seu rave coreografiable pola que van desfilando temas archicoñecidos e coreados por todos e que supuxo un peche perfecto á segunda xornada.

No Escenario El Águila comezou a soar a música esta vez a cargo do trio Gilipojazz e o seu personalísima e teatralizada proposta, que mestura xéneros aparentemente tan afastados como o funk, o rock progresivo, o metal ou a música clásica. As seguintes en subir ás táboas foron Fillas de Cassandra, que continúan presentando o seu show “Últimas Dionisíacas” e son xa unhas mestras en mesturar tradición e modernidade nos seus sets. Os ritmos latinos e de raíz unidos ao urbano actual correron a cargo de Mordo, quen fixo un extenso repaso por un repertorio que inclúe temas clásicos como “Semillas”, “Lejos de la Ciudad”, “Vas a encontrarte” ou “Llegué hasta ti” e La Élite levantaron ao persoal ofrecendo un set repleto do que mellor saben facer: descaro, irreverencia e temas rápidos de letras acedas.

Hoxe a xornada comeza pronto, albergando no recinto a tradicional Sesión Vermú, que este ano protagonizarán Marlena e Grande Amore. Xusto antes, ás 12.00h, abriranse as portas e no Escenario DJ Nacho Criado gravará o seu podcast Escenario Principal cunhas invitadas de luxo: Tanxugueiras.

As galegas, xa convertidas en buques insignia da música galega, seguen presentando a súa xira por toda a Península, e chegan a Bueu avaladas pola súa sold out histórico no Coliseum da Coruña, onde reuniron a máis de 9.000 persoas para poñer o broche de ouro á súa extensa e exitosa Xira Midas. Outro momento memorable da noite será sen dúbida o set de Rayden, no que será a súa última actuación en Galicia tras anunciar a súa retirada dos escenarios para este ano. No show do madrileño non faltarán os seus grandes clásicos e tamén presentará “La Victoria Imposible”, o seu sétimo álbum en solitario.

A variedade musical será de novo aceno de identidade da última xornada, que completan Ginebras, Emlam, Mr. Kilombo, Mondra, The Rapants y o dj set de Inés Hernand. SonRías Baixas é un festival promovido pola promotora PlayPlan Cultural. Conta coa colaboración institucional do Concello de Bueu; e o patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas a través da marca Rías Baixas Fest, e da Xunta de Galicia a través de Xacobeo e a marca Fest Galicia. O evento tamén conta co patrocinio de El Águila e Johnnie Walker.