Hoxe estréase “Remanso para morrer”, unha preciosa colaboración que xuntou a Tanxugueiras e Andrés Suárez. O tema forma parte de “Sesións Moraima”, serie de actuacións que Andrés publica periodicamente con artistas que admira.

Nas propias palabras do cantautor de Ferrol, “Tanxugueiras non só son as creadoras dun estilo, son tamén unhas autoras brillantes. Oxalá esta sexa a primeira de moitas cancións xuntos. Sumar amizade con admiración deixa grandes resultados”.

Por parte de Tanxugueiras, engaden: “Con Andrés tivemos unha conexión moi guai, el quería falar no tema sobre a súa historia, e da morriña que sentiu  cando marchou de Galicia para poñer rumbo a Madrid. Polo noso lado, centrámonos nese sentimento que temos tan ancorado, o de querer tanto á nosa terra, e o que nos produciría a nivel sentimental ter que marcharnos de aquí. Témoslle moito agarimo a este tema, e poder cantalo e  gravalo en directo tamén foi xenial”.

O trío está xa inmerso na súa nova xira para este 2024, que inclúe numerosas datas a nivel nacional e tamén internacional. Esta pasada fin de semana protagonizaron un épico momento xunto a Arde Bogotá no festival Portamérica, interpretando xuntos “La Salvación”. Estas son as próximas paradas confirmadas para gozar do seu directo:

11/07 • Pirata Beach Fest • Gandía (Valencia)

19/07 • Festival das Carrilanas de Esteiro • Esteiro (Muros)

20/07 · Amorebieta · Bizkaia

30/07 • Arcu Atlanticu • Xixón

3/08 • SonRías Baixas • Bueu (Pontevedra)

17/08 • Melide • Melide (A Coruña)

7/09 • Festival Osa do Mar • Burela (Lugo)

14/09 • Festival Revenidas • Vilaxoán, Vilagarcía (Pontevedra)