SONRÍAS BAIXAS FOI O FESTIVAL MÁIS PREMIADO CON TRES RECOÑECEMENTOS A BEST HOSTING & RECEPTION, CONTRIBUTION TO SUSTAINABILITY E BEST FESTIVAL PHOTO
NA SÚA PRIMEIRA EDICIÓN, BIGSOUND PONTEVEDRA RECIBÍU O PREMIO A BEST NEW FESTIVAL

PALMARÉS DE PLAYPLAN NOS IBERIAN FESTIVAL AWARDS 2026
* BEST HOSTING & RECEPTION (ibérico) – SonRías Baixas
* CONTRIBUTION TO SUSTAINABILITY (ibérico) – SonRías Baixas
* BEST FESTIVAL PHOTO: JAVIER BRAGADO (nacional) – SonRías Baixas
* BEST NEW FESTIVAL (ibérico) – BIGSOUND Pontevedra

Os premios máis importantes da industria festivaleira na Península Ibérica recoñecen aos festivais de PlayPlan entre os mellores desta edición. SonRías Baixas foi distinguido con tres galardóns, converténdose no festival máis premiado da gala, mentres que BIGSOUND Pontevedra saíu gañador do premio Best New Festival na súa primeira edición.
O festival de Bueu alzouse co premio nacional a Best Festival Photo, outorgado ao fotógrafo Javier Bragado, que logra este recoñecemento por segundo ano consecutivo, e con dous premios ibéricos nas categorías Contribution to Sustainability e Best Hosting and Reception, que recoñecen tanto o compromiso do festival coa sostibilidade como a calidade da experiencia ofrecida ao público.
Dous destes galardóns foron outorgados polo xurado profesional e un a través de votación do público, reflectindo así o recoñecemento tanto do sector como dos asistentes ao traballo desenvolvido polo festival. Con estes tres novos premios, SonRías Baixas suma xa seis galardóns na historia dos Iberian Festival Awards, que poñen en valor distintos aspectos da súa proposta.
Pola súa parte, o recoñecemento ao evento nado en Pontevedra recoñece o exitoso debut desta nova cita musical, celebrada por primeira vez en 2025, e reforza a traxectoria da promotora no desenvolvemento de proxectos sólidos e con identidade propia.
