
PlayPlan asistirá un ano máis ás distintas feiras e mercados da industria musical estatal e internacional, coa súa presenza en diferentes eventos celebrados entre os meses de setembro e novembro deste mesmo ano na Península Ibérica. Unha delegación de representación da empresa estará presente no Mercat de Música Viva de Vic entre o 16 e o 18 de setembro, no MIL Lisboa entre o 7 e o 9 de outubro, na Fira Mediterrànea de Manresa entre o 15 e o 18 de outubro, no Radar Madrid entre o 19 e o 21 de outubro, no BIME Bilbao entre o 27 e o 30 de outubro e en PALCO entre o 3 e o 5 de novembro. A presenza da empresa conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.