Pakolas, autor e compositor, músico guitarreiro, e tamén produtor de música pensada para os máis cativ@s, publica o cartel da súa xira de concertos para o mes de xullo nos diferentes concellos galegos, no que continuará relanzando o seu CD ‘Ramona Órbita, a Dona do tempo’.

Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e tocando a guitarra, neste espectáculo individual creado por el mesmo, onde a interacción coas nenas e nenos en que os fai partícipes, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.

Neste traballo, que agora reedita, conta e canta a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten  unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Operación financiada pola Unión Europea, a través de FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), como parte da resposta da Unión á pandemia do COVID-19