Dende PlayPlan damos a benvida a OMIRI, o artista portugués que está a revolucionar a música lusa coa súa fusión da cultura de raíz portuguesa cos sons máis actuais. Dende xa comezan a formar parte do roster da axencia e anunciamos que a súa contratación está aberta para este 2025.

OMIRI é un dos proxectos de reinvención da música de raíz portuguesa máis orixinais do momento. O artista luso reedita a tradición levando aos escenarios aos verdadeiros intervenientes da cultura veciña; músicos e paisaxes sonoras de todo o país tocan e cantan no seu espectáculo a través do son e imaxe, con recollidas gravadas en vídeo e manipuladas que serven de base para a composición e improvisación musical do portugués. Mesturando nun só espectáculo prácticas musicais xa esquecidas, facéndoas accesibles aos formatos de consumo actuais, foi capaz de sincronizar á perfección formas e músicas da tradición rural portuguesa coa linguaxe da cultura urbana.

Pé com Pé‘, novo sinxelo de OMIRI

Pé com Pé, o novo tema de OMIRI está xa dispoñible en todas as plataformas. Esta nova canción combina a riqueza atemporal da música tradicional portuguesa coa innovación dos sons máis contemporáneos, tónica habitual do artista luso. A base electrónica constrúese integramente a partir da manipulación de sons captados en recollidas de audio e vídeo realizadas por OMIRI durante os últimos oito anos de norte a sur de Portugal. Este tema exerce como terceiro sinxelo do seu próximo álbum de longa duraciónModas Novas e Algumas Velhas, que ten previsto o seu lanzamento o próximo 7 de febreiro.

Pé com Pé conta coa voz de Beatriz Melo e instrumentos como o bombo ou o triángulo, así como sons de louza rachando, que empastan á perfección coa viola braguesa de OMIRI, a veces distorsionada, amosando de novo a máxima do proxecto do artista portugués, o diálogo entre tradición e innovación. A letra, rica en poesía popular, celebra o amor e a memoria, mentres o ritmo invita á danza e a festa.