O evento contou con concertos de La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras, Álvaro de Luna ou Rozalén, e conseguiu reunir durante as súas tres xornadas a máis de 26.800 asistentes

O sábado, Rayden ofreceu o seu último concerto en Galicia antes da súa retirada dos escenarios, nun dos momentos máis emocionantes da fin de semana

A 21ª edición do SonRías Baixas xerou un impacto económico no territorio de 2’3 millóns de euros e nela traballaron preto de 1.000 persoas

Tras unha pasada edición que xa bateu récords, o festival SonRías Baixas pechou a súa 21ª edición con gran éxito e celebrando un novo fito relativo ao número de asistentes. O festival conseguiu reunir durante os días 1, 2 e 3 de agosto a máis de 26.800 persoas no recinto das Lagoas de Bueu, experimentando un crecemento de máis do 20% con respecto ás cifras de 2023 e consolidándose como unha das citas de referencia do verán musical en Galicia, ampliando e estendendo cada vez máis a súa influencia e notoriedade por todo o Estado.

Como xa puntualizou na presentación do festival o seu director Jordi Lauren, a prioridade da organización, a promotora PlayPlan, foi garantir a comodidade e diversión dos asistentes para conseguir facer da súa fin de semana unha experiencia o máis completa posible, unindo á variada oferta musical as enormes posibilidades que ofrece Bueu tamén no ámbito da restauración e do turismo.

Así, o impacto económico que deixa esta nova edición do SonRías na zona ascende a 2,3 millóns de euros, o máis alto da súa historia e reflectindo o crecemento que está a experimentar o festival de maneira directa no tecido turístico e hostaleiro da localidade, e tamén en toda a contorna da vila mariñeira. Durante todo o seu desenvolvemento, o festival xerou empregos a preto de 1000 persoas.

Este ano a proposta artística supuxo a contratación de 26 bandas e foi mostra da evolución musical da que o festival quere ser amplamente partícipe, mesturando bandas consolidadas e queridas por todos (La Oreja de Van Gogh, Rayden, Rozalén), con formacións de máis recente creación pero que chegan pisando moi forte (Álvaro de Luna, Ginebras, La La Love You) e sen esquecerse do talento galego, sempre moi presente no espírito do SonRías. Para o recordo quedan as actuacións de Grande Amore, Fillas de Cassandra e o multitudinario concerto de Tanxugueiras.

As colaboracións entre artistas no Escenarios Fest Galicia e Escenario El Águila tamén nos regalou grandes momentos, unindo ás recentemente citadas con Rayden e Rozalén, Álvaro de Luna sumouse ao set de Sexy Zebras, Sabela foi a convidada no concerto de The Rapants e Luis Fercán sorprendeu ao persoal ao aparecer por sorpresa no concerto de Mr. Kilombo.

A vocación interxeracional do SonRías Baixas segue patente un ano máis, conseguindo reunir grazas á súa variada proposta a público de todas as idades, que continua sendo moi nova e maioritariamente feminino (máis do 64% dos seus asistentes son mulleres). O cartel tamén foi esta edición exemplo de aposta polo talento feminino, sendo a maior parte dos seus nomes principais proxectos liderados por mulleres e contando máis de 2/3 da súa proposta con bandas con representación feminina nas súas filas. SonRías Baixas é un festival promovido pola promotora PlayPlan Cultural. Conta coa colaboración institucional do Concello de Bueu; e o patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas a través da marca Rías Baixas Fest, e da Xunta de Galicia a través de Xacobeo e a marca Fest Galicia. O evento tamén conta co patrocinio de El Águila e Johnnie Walker.

X