É festival é un dos tres candidatos a acadar o premio a Mellor Festival de Pequeno Formato 

Onte Premios Fest revelaba os finalistas e categorías da súa décima edición, prevista para celebrarse o próximo 25 de outubro en Bilbao enmarcada dentro da programación de Bime Live! 

O Festival SonRías Baixas foi un dos tres elixidos dentro da categoría de Festival de Pequeno Formato, compartindo final co festival Metrópoli e o madrileño Tomavistas. 

Este ano, as votacións de Premios Fest corren a cargo dun jurado profesional integrado por personalidades de relevancia na industria musical (membros de asociacións da industria musical, medios de comunicación, expertos en innovación e sostibilidade ou artistas), e a convocatoria alcanzou unha cifra de inscricións superior aos 140 eventos de todos os formatos e de todos os puntos do estado. 

La Pegatina por Rocío Cibes

O 20º aniversario do SonRías Baixas reuniu o pasado agosto no Recinto Multiusos Estacada de Bueu a 22.400 persoas, nunha edición que contou con grandes actuacións como as de La Pegatina, Natos y Waor ou Macaco e que finalizou con récord histórico de asistencia e valoracións positivas sobre o seu desenvolvemento, tanto por parte do público como dos artistas implicados. 
 
O festival, organizado por PlayPlan Cultural, mantense un ano máis sendo unha das citas musicais de referencia do verán nas Rías Baixas, deixando un impacto económico na zona duns 1’5 millóns de euros e apostado por ofrecer unha experiencia musical completa e turística con tres xornadas cheas de potentes directos, praia e gastronomía.