Tras pechar con récord de asistencia o seu 20º aniversario este último verán, o festival SonRías Baixas xa ten datas para a súa próxima edición.  
 
A 21ª edición do evento promovido por PlayPlan terá lugar os próximos 1, 2 e 3 de agosto en Bueu, corazón das Rías Baixas. Durante o mes de xaneiro coñeceremos máis información sobre a súa proposta musical e artistas confirmados, así como sobre a venda de abonos. 
 
Este 2023 o festival clausurou tres días de música cunha cifra de asistencia de 22.400 persoas, récord histórico nos seus vinte anos de celebración, logrando manter a súa vocación interxeracional e xerando un impacto económico no territorio de máis de 1’5 millóns de euros.

X