O festival SonRías Baixas anunciou hoxe as datas da súa vindeira edición, marcada neste 2023 polo seu 20 aniversario. O evento desenvolverase os días 3, 4 e 5 de agosto ao longo de tres días que apostarán, un ano máis, pola unión da música en directo, a gastronomía, e o ambiente de praia e natureza de Bueu, Pontevedra. 

O evento, organizado pola promotora PlayPlan Cultural, que reuniu o ano pasado o seu maior número de asistentes ata a data (22.230 persoas), dará a coñecer o seu cartel o vindeiro venres 17 de febreiro ás 12 horas. Posicionado xa como unha das citas musicais imprescindibles do verán en Galicia e como un festival que aposta tanto por bandas consolidadadas como emerxentes e para todos os públicos, na pasada edición contou con nomes como Kase. O, Eskorzo, Rayden, La M.O.D.A. ou Tanxugueiras, entre moitos outros. 

O festival volve este ano a ofrecer o espírito SonRías nun marco de convivencia máxica entre artistas, público e habitantes da comarca. Tras a pasada edición, o impacto económico na zona superou os 1,75 millóns de euros, favorecendo a economía local e avogando por un modelo de festival responsable, sostible e de futuro. 

A venta de abonos estará dispoñible desde o próximo martes 21 de febreiro na web oficial do festival www.sonriasbaixas.info. 

Aftermovie SonRías Baixas 2022