O Festival SonRías Baixas foi nomeado a 12 categorías na novena edición dosIberian Festival Awards. O público pode votar aos seus favoritos a través da súa páxina web oficial ata o próximo 17 de xaneiro. Os gañadores anunciaranse nunha gala que se celebrará o 15 de marzo no Pavillón Polivalente da localidade portuguesa de Almancil (Loulé).

O Festival opta aos premios das seguintes categorías:

  • Mellor festival de mediano formato
  • Mellor promoción turística
  • Mellor comunicación e márketing
  • Mellor aloxamento e recepción
  • Mellor contribución á sustentabilidade
  • Mellor contribución á igualdade
  • Mellor recinto: A Estacada
  • Mellor fotografía: Aigi Boga
  • Mellor vídeo: Trece Amarillo
  • Mellor directo nacional: Tanxugueiras
  • Mellor directo internacional: Chef’Special
  • Mellor directo de electrónica: Cool Nenas

Os Iberian Festival Awards, celebran en 2025 a súa novena edición, uns premios que recoñecen as mellores citas culturais do mercado portugués e español.

Na última edición, celebrada en Granada, o Festival SonRías Baixas recibiu o premio a Mellor promoción Turística, converténdose este no seu terceiro galardón nestes premios. En 2020, obtivo o Excellence Award para Jordi Lauren, director do festival, e en 2022, o premio á Mellor estratexia de comunicación e márketing. SonRías Baixas é un festival promovido pola promotora PlayPlan, encargados tamén do recentemente presentado BIGSOUND Pontevedra. Conta coa colaboración institucional do Concello de Bueu; e o patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas a través da marca Rías Baixas