A EDICIÓN CELEBRARASE O 5 E 6 DE XULLO E TERÁ COMO PROTAGONISTAS A DAVID BUSTAMANTE, ANDRÉS SUÁREZ, SABELA E PAULA MATTHEUS
PÓDENSE ADQUIRIR DENDE HOXE OS ABONOS E AS ENTRADAS EN ENTERTICKET E PASATEMPOENBETANZOS.GAL A PREZO PROMOCIONAL
O Festival do Pasatempo de Betanzos pon á venda as entradas para a súa edición deste ano tras anunciar onte a participación de David Bustamante, Andrés Suárez, Sabela e Paula Mattheus. O festival celebrarase o 5 e 6 de xullo no Auditorio do Pasatempo de Betanzos e as entradas están á venda cunha promoción especial para os compradores máis madrugadores por 35€ o abono de dous días e 20€ a entrada de día. Podes adquirir ditas entradas en Enterticket ou en pasatempoenbetanzos.gal.
O evento presenta un cartel con propostas para todos os públicos no que se combinan artistas consagrados e emerxentes, que levarán a Betanzos diferentes estilos e singularidades. O festival propón unha experiencia única que combinará a mellor música coa natureza e a historia do recinto. O venres 5 de xullo o Parque do Pasatempo recibirá a Andrés Suárez, que coa súa banda traerá o tour “Viaje de Ida y Vuelta” ata Betanzos. Xunto a el, Paula Mattheus, unha das grandes revelacións do pop estatal, que coa súa xira “Ya No Me Joden La Fiesta” porá fin a primeira xornada do festival. Pola súa parte, o sábado 6 de xullo recibirá a visita dun dos cantantes máis importantes do úiltimo século en España, David Bustamante, que virá a presentar a súa xira “Veinte años y un destino”. Acompañándoo estará Sabela, unha das grandes representantes do pop electrónico galego, que completará o elenco de artistas que pasará polo recinto con su “Ceniza Tour”.
O Festival do Pasatempo de Betanzos é un festival promovido pola promotora PlayPlan, artífice de festivais como o SonRías Baixas ou das carreiras artísticas de Tanxugueiras ou Caamaño&Ameixeiras entre moitos outros. Ademais, conta co patrocinio da Axencia Turismo de Galicia, Xunta de Galicia e Xacobeo e coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos.