- O Parque de Tafisa acolle os días 17 e 18 de xullo máis de vinte horas de música
- David Bisbal, María Becerra, Nathy Peluso, Ana Mena, Juan Magán, Luck Ra e Nil Moliner encabezan un cartel pensado para reunir o mellor do pop, a música urbana e os sons latinos

O Bigsound Pontevedra regresa esta fin de semana cunha segunda edición que confirma a consolidación deste festival como unha das grandes incorporacións ao calendario musical galego. Os días 17 e 18 de xullo, o Parque de Tafisa volverá converterse no epicentro da música pop, urbana e latina da man dun evento integrado na programación dos Concertos do Xacobeo, que continúa ampliando e diversificando a oferta musical de Galicia.
Tras o éxito da súa primeira edición, na que reuniu máis de 35.000 asistentes e foi recoñecido como Best New Festival nos Iberian Festival Awards, o Bigsound afronta esta segunda convocatoria cun recinto redeseñado, melloras na mobilidade e a previsión de superar os rexistros do pasado ano, consolidando así o seu crecemento.
Un cartel pensado para grandes públicos
Ao longo de dúas xornadas, o Parque de Tafisa acollerá máis de vinte horas de música en directo repartidas en dous escenarios, cunha programación que reunirá algunhas das principais figuras do pop, da música urbana e dos ritmos latinos do panorama actual.
O venres 17 de xullo subirán ao escenario artistas como David Bisbal, Juan Magán, Luck Ra, Lucho Rk, Nil Moliner ou Despistaos.. O día seguinte, o sábdo 18 de xullo, será a quenda de María Becerra, Nathy Peluso co seu Club Grasa DJ Set, Ana Mena, Natalia Lacunza, Yami Safdie, Besmaya e outros nomes destacados da escena pop e urbana.
O festival reforza así unha proposta dirixida a diferentes xeracións de público, combinando artistas consolidados con novas figuras emerxentes nun formato que sitúa Pontevedra como un dos principais escenarios da música comercial neste verán.
Ademais da programación artística, esta edición incorpora importantes melloras organizativas, cun novo deseño do recinto, reforzo dos accesos e do transporte público e un incremento dos servizos para facilitar a experiencia das persoas asistentes. A organización prevé superar as cifras da primeira edición, consolidando o festival como unha das grandes citas musicais do verán galego.
BIGSOUND Pontevedra está organizado por BIGSOUND e PlayPlan e conta co patrocinio do Concello de Pontevedra, a través da marca turística Visit Pontevedra. O festival conta ademais co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, así como coa colaboración de Galicia Calidade e Xacobeo 2027. Así mesmo, conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas, a través da marca Rías Baixas Fest. Tamén conta coa colaboración de Carné Xove, Keler, imagin, Havana Club, Gi Group, Renfe, Red Bull, Schweppes, Pepsi, Enterticket, LOS40 e Bono Cultural, unha colaboración que reforza o compromiso compartido co desenvolvemento de grandes proxectos culturais en Galicia.
