O festival, que celebra este ano o seu 20 aniversario, terá lugar os días 3, 4 e 5 de agosto
Estamos de volta e por todo o alto!
No SonRías Baixas cumprimos este ano o noso 20 aniversario, e para celebralo, desvelamos o cartel completo que vai encher de música, gastronomía, praia e naturaleza a nosa comarca durante os días 3, 4 e 5 de agosto.
Natos y Waor, La Pegatina e Macaco lideran unha lista de confirmacións que aposta unha vez máis polo eclecticismo, incluíndo no seu cartel rock, sons urbanos, electrónica, rumba ou ska e formada por máis de vinte artistas consagrados e emerxentes, que completan Arde Bogotá, Boikot, Cool Nenas, Dubioza Kolektiv, ETS, Grande Amore, La Ganga Calé, LaMontagne & PicoAmperio, Lendakaris Muertos, Lía Kali, María de Juan, Muyayo Rif, Ninhodelosrecaos, Queralt Lahoz, Samuraï, Santa Salut, Tremenda Jauría e 30S40S50S.
NON ESPERES QUE SE ESGOTAN!
As primeiras 500 entradas, que se mercarán na web www.sonriasbaixas.info ou en enterticket, terán un custo de 45€ máis gastos; para os seguintes 500 o prezo será de 50€ máis gastos.
Estamos desexando volver verte, cantar e bailar contigo no #sonriasbaixas2023.
Agardámoste o 3, 4 e 5 de agosto en Bueu.
Se tes máis dúbidas, contacta connosco en festival@sonriasbaixas.com
SEGUE AQUÍ TODAS AS NOSAS NOVIDADES:
Copyright SonRias Baixas (2023) 3,4 e 5 de agosto de 2023 www.sonriasbaixas.info festival@sonriasbaixas.info