La Ganga Calé, Muyayo Rif, Tremenda Jauría, Lia Kali, Queraltz Lahoz e Cool Nenas completan o line up da segunda xornada do festival
Esta edición celebra os seus vinte anos sendo unha das citas estivais musicais ineludibles das Rías Baixas e a Península do Morrazo
A península do Morrazo acolle este venres un dos momentos máis esperados do 20º aniversario do festival SonRías Baixas. O dúo madrileño Natos y Waor chega a Bueu como cabeza de cartaz do Escenario Fest Galicia para presentar os temas do seu cuarto disco, Luna llena.
Os “Underground Kings” do rap español pariron un disco no que xogan con moitos paus distintos pero tamén no que tamén voltan a mirada e reflexionan sobre tantos anos ao pé do cañón. Reconcílianse con eles mesmos, co seu pasado, e fano a través das súas letras pero tamén a través do seu son coa inestimable compañía do seu combo de confianza: Gareta á produción e Jack Sheehan á guitarra. Marcando as súas propias normas e sen esquecer os seus principios, as súas cancións, sempre crúas, descaradas e sen pelos na lingua percorren neste álbum moitos paus distintos e botan a mirada atrás para reflexionar sobre tantos anos ao pé do cañón e sobre o seu camiño dende o underground ao mainstream. Combinados cos seus grandes éxitos, esta noite ofrecerán en Bueu un show que sen dúbida os seus seguidores fixarán nos seus recordos por unha boa temporada.
Sonrías Baixas segue firme na súa aposta por unha proposta musical tan ecléctica como divertida. Ademáis de Natos y Waor, contará ao longo da xornada co directo de rumba, salsa, funk e reggae de intención multicultural de La Ganga Calé, e con Muyayo Rif e as súas ganas de “VIVIR” en maiúsculas, disfrutando da música nun espectáculo que presentaron por escenarios de todo o mundo. Haberá tempo tamén para a reivindicación das desigualdades entre homes e mulleres do colectivo Tremenda Jauría que nos regalará unha descarga de temas pegañentos de reggaetón, moombathon, electrocumbia e dembow desbordantes de mensaxes de apoio mutuo, tenrura, rabia e loitas cotidianas. Os nomes máis prometedores do panorama emerxente tamén terán cabida coas actuacións no Escenario Turismo Rías Baíxas de Lia Kali presentando os temas do seu primiero traballo, un mix de reggae, jazz, soul e rap, e de Queraltz Lahoz, que chegará a Bueu no seu momento máis doce coa súa mistura de flamenco atravesado por sons latinos, de raíz e urbanos. Os temazos para queimar a pista de baile están asegurados grazas a Cool Nenas, trío cheo de actitude, enerxía e tras o que se atopan dani, mariagrep e Kimberley Tell.
Anoite, a xornada de apertura do xoves estivo marcada pola presentación no Morrazo de 30s40s50s, Samuraï e Santa Salut, a enerxía sempre desbordante de Lendakaris e Boikot e un peche de luxo a cargo de ETS.
Mañá sábado día 6, na última xornada, a programación continuará con La Pegatina e Macaco como principais pratos fortes do día, r cunha sesión vermú ó mediodía que contará coas actuacións de Lamatumbá e Ortiga e Pili Pampín. SonRías Baixas 2023 é un festival promovido pola promotora PlayPlan Cultural. Conta coa colaboración institucional do Concello de Bueu, Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas, RíasBaixas Fest e Xunta de Galicia a través do Xacobeo e do programa FEST Galicia. O evento tamén conta co patrocinio de El Águila e Johnnie Walker.