A superestrela arxentina Maria Becerra únese a Nathy Peluso, Ana Mena, Juan Magán, Luck Ra ou Beret en BIGSOUND Pontevedra, onde ofrecerá a súa única actuación en Galicia en 2026.

  • BIGSOUND Pontevedra voltará os días 17 e 18 de xullo de 2026 como gran cita estival e punto de encontro do pop, a música urbana e os ritmos latinos á beira do Río Lérez.
  • As actuacións en exclusiva en Galicia de Maria Becerra, Nathy Peluso e Ana Mena preséntanse como tres dos grandes momentos musicais do ano na comunidade.
  • “La Nena de Argentina” súmase a un cartel estelar que inclúe a Nathy Peluso, Ana Mena, Juan Magán, Luck Ra e Beret, ademais de Natalia Lacunza, Nil Moliner, Besmaya, Despistaos, Lucho RK e Mafalda Cardenal.
  • Entradas dispoñibles en bigsoundfestival.com

Tras irromper en 2025 como un dos cinco festivais máis destacados de Galicia e colgar o cartel de sold out, BIGSOUND Pontevedra volverá transformar a beira do Río Lérez no gran epicentro musical do verán. A segunda edición celebrarase os días 17 e 18 de xullo de 2026, dúas xornadas onde o pop, a música urbana e os ritmos latinos marcarán o pulso do festival.

O cartel, que xa contaba con Nathy Peluso, Juan Magán, Luck Ra, Ana Mena e Beret, ademais de Natalia Lacunza, Nil Moliner, Besmaya, Despistaos, Lucho RK e Mafalda Cardenal, suma agora a Maria Becerra, unha das artistas latinas máis escoitadas do planeta. O seu concerto —único en Galicia en 2026— perfílase como un dos grandes acontecementos estivais.

PONTEVEDRA VIVIRÁ EN EXCLUSIVA O FUROR DE “LA NENA DE ARGENTINA”

Auténtica, poderosa e cun impulso artístico imparable, Maria Becerra, coñecida como La Nena de Argentina, aterra en BIGSOUND Pontevedra 2026 cun show que promete deixar pegada. A súa carreira, que comezou en Youtube e hoxe lévaa a encher estadios de todo o mundo, é a historia dun ascenso fulgurante impulsado por talento e unha conexión emocional moi forte co seu público.

Dona dunha mestura única de reguetón, pop, R&B, trap, dancehall e electrónica, converteuse nunha das grandes voces do pop urbano actual.

Os seus dous álbums, Animal (2021) e La Nena de Argentina (2022), ambos multiplatino, situárona na primeira liña internacional. En 2023 e 2024 continuou ampliando o seu repertorio con EPs de gran éxito e en 2025 asinou unha nova quenda de lanzamentos —“5 Pa Las 12”, “Hasta que Me Enamoro”, “7 Vidas”, “Infinitos como el Mar”, “Ramen para Dos” e “Tatú”— que a manteñen no máis alto das plataformas.

Éxitos globais como “Que Más Pues?”, “Miénteme”, “Automático”, “Ojalá”, “TE CURA” (da banda sonora de Fast X) ou “Corazón Vacío” consolidárona como a artista arxentina máis escoitada do mundo. Ademais, colaborou con referentes como J Balvin, TINI, Camila Cabello, Becky G, Manuel Turizo, Zion & Lennox, Pablo Alborán, Enrique Iglesias, Duki e Tiago PZK, entre outros.

O seu impacto foi recoñecido con premios Gardel, Billboard, Lo Nuestro, MTV MIAW e Los40 Music Awards, ademais de nomeamentos aos Latin Grammy. En 2024, protagonizou un dos fitos máis importantes da música latina recente ao converterse na primeira muller arxentina en encher dous estadios River Plate consecutivos. Ese mesmo ano brillou en Viña del Mar, actuou en Coachella convidada por J Balvin e acendeu as luces do Empire State Building. Recentemente debutou como actriz en “En el barro”, spin-off de El Marginal (Netflix).

BIGSOUND: O FESTIVAL QUE ESTÁ A CAMBIAR AS REGRAS EN GALICIA

A súa incorporación reforza un primeiro avance de cartel que reúne actuacións exclusivas en Galicia como as de Nathy Peluso, que ofrecerá a súa única data na comunidade, e Ana Mena, que estreará en Pontevedra a primeira data en España da súa nova xira. Tamén destaca o regreso do pioneiro do electro latino Juan Magán e do fenómeno Luck Ra, que volve en exclusiva a Galicia, xunto con Beret, que chegará con novo disco debaixo do brazo.

O festival seguirá apostando por novas voces que están a marcar o camiñoNatalia Lacunza, Nil Moliner, Besmaya, Despistaos, Lucho RK e Mafalda Cardenal— mantendo ese equilibrio que define a BIGSOUND: referentes do presente xunto aos nomes do futuro.

Organizado por PlayPlan e BIGSOUND en colaboración co Concello de Pontevedra, e co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e os Concertos do Xacobeo, o festival impulsa a economía local e o desenvolvemento cultural do territorio grazas a unha proposta segura, sostible e inclusiva.

O sold out da edición inaugural reuniu  a máis de 35.000 asistentes, xerou 14 millóns de euros de impacto económico e mobilizou a máis de 1.300 profesionais, posicionando a Pontevedra no mapa dos grandes eventos musicais.

PREPÁRATE PARA BIGSOUND PONTEVEDRA 2026: VENDA DE ABONOS

BIGSOUND Pontevedra non é só música: é unha celebración do verán en todos os sentidos. Espazos gastronómicos, zona market con áreas de descanso e animación, unha experiencia onde descubrir, compartir e gozar.

Dous días cheos de música e cultura nunha contorna privilexiada. Un festival para vivir sen présas, combinando grandes actuacións con tempo para socializar, relaxarse e sentirse parte dunha comunidade vibrante.

Abonos xa dispoñibles en bigsoundfestival.com