O TEMA EXERCE COMO QUINTO ADIANTO DO QUE SERÁ O SEU PRÓXIMO EP
PRESENTARÁ ESTE E OS SEUS MELLORES TEMAS NUN CONCERTO NA SALA CAPITOL DE SANTIAGO O DOMINGO 4 DE MAIO
No día dos namorados, LODE publica Engaño, un tema que fala da traizón dende a honestidade, combinando a crueza dunha relación rota polo engano, explorando a dor de descubrir a verdade e o proceso de deixar atrás o que non merece a pena. Este tema que combina o reguetón máis moderno cunha base con toques de break beat é o quinto adianto do que será o seu novo traballo discográfico, que verá a luz nos próximos meses.
Nunha nova aposta polo estilo que máis está caracterizando esta etapa do artista, o naronés explora e revitaliza de novo o xénero urbano. Engaño exerce como unha clara declaracións de intencións, destacando a necesidade de abrir os ollos e elexir unha aposta mellor que a actual, que a está enganando sen pudor. A temática saíu das xuntanzas de composición que adoita ter LODE co seu equipo de confianza, e no que, compartindo vivencias, foron capaces de fiar a historia que deu pé ao tema.
Presentación do proxecto na sala Capitol
Engaño, así como o resto de éxitos da carreira de LODE serán protagonistas no seu concerto de presentación do proxecto, que terá lugar o domingo 4 de maio na gran sala de concertos de Galicia, a sala Capitol de Santiago de Compostela. As entradas está xa á venda en www.salacapitol.com, no que será un concerto moi especial para o naronés. A súa ambiciosa proposta, que combina a súa capacidade vocal e melódica co seu talento para o baile, é a carta de presentación do artista, que apostará por presentar un espectáculo nunca antes visto dentro do xénero en Galicia.
