O dúo celébrao estreando novo single e vídeo-lyric de “Avelaneiras Floridash”, un “canto de celebración, de vitalidade, de invitación ao comezo dunha nova aventura, para que, quen estea disposta os acompañe a bailar”.
“Algo que sinalar”, que xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais, poderá escoitarse en directo hoxe martes 8 no Modus Vivendi de Santiago de Compostela, o 18 de novembro en Sada dentro do ciclo Elas Son Artistas, o 19 novembro en Ourense, o 26 de novembro en Pontedeume e o 3 de decembro en Cambados.
Despois de percorrer case un centenar de escenarios co seu hip hop, flow e tintes de contracultura, LaMontagne & PicoAmperiopublican hoxe o seu primeiro disco “Algo que sinalar”. O traballo está concibido como “un resumo do aprendido polo camiño e, ao mesmo tempo, a mostra de volver ao lugar do que procedemos despois dunha loita contra nós mesmos que resultou en vitoria” e trátase tamén dunha confesión da banda ao seu público, ao que animan a “deixarse levar por ese sendeiro que se abre xa dende a primeira canción”.
Conseguindo coa voz de LaMontagne e os loops de PicoAmperio que a xente se teletransporte a un universo híbrido, único, hipnótico e absolutamente magnético, presentan neste “Algo que sinalar” unha aventura libre de ataduras. A xeito de matrioska, o público atopará cancións con moitas capas que se abrirán antes os seus ollos: rebeldes na estrutura pero nas que se pode ver unha parte intimista, tintes de dozura e alegría, moita enerxía e tamén un pouco de melancolía.
Temas como a búsqueda da identidade (“Eu vexo”), a celebración do comezo dunha nova aventura (“Avelaneiras Floridash”), a importancia do aprendido polo camiño cando se está a buscar algo (“Porque no mundo”), a tristezainfinita (“Ondas do mar de Vigo”), ou o agradecemento á vida (“40TENA”) son algunhas das sensacións a experimentar e paradas que se poderán facer neste primeiro traballo da banda, que se compón de oito canciónscompostas e producidas por LaMontagne & PicoAmperio.
Son auténtico trip hop pasado por unha forte impronta urbana e contemporánea. O eterno loop do son atlántico.
Próximas datas
Co seu imaxinario electrónico, LaMontagne & PicoAmperio continúan a destruír fronteiras temporais e estilísticas e abrindo novos camiños neste proxecto multiforme a través do hip hop, o abstract ambient, o folclore, melodías suaves ou atmosferas rascadas.
“Algo que sinalar”, que xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais e chegará nas tendas nos próximos días da man de Inquedanzas Sonoras, poderá escoitarse en directo hoxe, martes 8 no Modus Vivendi de Santiago de Compostela, o 18 de novembro en Sada dentro do ciclo Elas Son Artistas, o 19 novembro en Ourense, o 26 de novembro en Pontedeume e o 3 de decembro en Cambados.
Operación financiada pola Unión Europea, a través de FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), como parte da resposta da Unión á pandemia do COVID-19