Este é o segundo adianto do que será o primeiro disco da banda, “Algo que sinalar”, que verá a luz o próximo 8 de novembro. O tema xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais e o vídeo na súa canle de Youtube.

Nel, a voz de LaMontagne e os loops de PicoAmperio conseguen unha vez máis que o público se teletransporte a un universo híbrido, único, hipnótico e absolutamente magnético.

LaMontagne & PicoAmperio presentan hoxe single e videoclip de “Porque no mundo” o segundo adianto do que será o seu primeiro disco, “Algo que sinalar”, que verá a luz o próximo 8 de novembro. O tema -unha reinterpretación da cantiga de Airas Nunes “Porque no mundo menguou a verdade”-xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais e o vídeo dispoñible na canle de Youtube da banda.

LaMontagne & PicoAmperio – Porque no Mundo (Trece Amarillo)

A peza audiovisual, que corre da conta de Trece Amarillo e foi filmada en lugares como Guitiriz, a aldea de Aceredo, Ribadumia, Carboeiro ou Santiago de Compostela, é para LaMontagne & PicoAmperio “similar ao relato dun videoxogo”, contan, “porque está situada nun escenario distópico e conta con elementos de búsqueda, consello e fase final, só que neste caso esa fase final non se supera e a protagonista cae na súa propia desesperación. É moi potente esteticamente”.

Co seu imaxinario electrónico, LaMontagne & PicoAmperio continúan a destruír fronteiras temporais e estilísticas e abrindo novos camiños neste proxecto multiforme a través do hip hop, o abstract ambient, o folclore, melodías suaves ou atmosferas rascadas. Este tema é un adianto do novo disco do dúo, “Algo que sinalar”, que verá a luz o próximo 8 de novembro. “Sentimos orgullo de ter culminado este obxectivo, de dar este paso tan importante nesta aventura. Temos moitas ganas de que o público escoite as cancións e que á xente lle poidan servir dalgún xeito, como nos sirven a nós para navegar nesta realidade”, afirman.

Operación financiada pola Unión Europea, a través de FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), como parte da resposta da Unión á pandemia do COVID-19