A SUPERESTRELA MUNDIAL ACTUARÁ O 8 DE XULLO NO PARQUE DE TAFISA COMO PARTE DO SEU TOUR “UP ALL NIGHT”
AS ENTRADAS ESTÁN XA Á VENDA EN ENTERTICKET.ES

Jennifer López, unha das artistas máis icónicas da música e o entretemento global, chega a Galicia coa súa xira “Up All Night”, na que repasará os seus temas máis coñecidos e coa que percorrerá as principais cidades de España e Europa. A artista comezará este tour o martes 8 de xullo en Pontevedra, marcando na Boa Vila a súa primeira e única parada en Galicia. O concerto, que se celebrará no parque de Tafisa, será un dos concertos máis agardados e históricos das últimas décadas no territorio galego, contando cun gran despregue de medios e produción.
As entradas para o tan agardado concerto xa están dispoñibles á venda a través de Enterticket, no que se espera que sexa un concerto de altísima demanda. Este importante evento sae do traballo conxunto entre as promotoras PlayPlan e Last Tour.
UN ARRANQUE DE XIRA ÚNICO EN GALICIA
Este espectáculo será o primeiro dos seis concertos confirmados para o estado español. Despois da súa presentación en Galicia, Jennifer López pasará por Cádiz (10 de xullo), Málaga (11 de xullo), Madrid (13 de xullo), Barcelona (15 de xullo) e Bilbao (16 de xullo).
A visita da cantante a Pontevedra perfílase como un dos grandes eventos da tempada. Cun espectáculo de calidade e unha artista de renome mundial, o concerto será un momento histórico na axenda cultural galega.
UN LEGADO MULTIFACÉTICO
Jennifer López consolidou o seu status con máis de 80 millóns de discos vendidos e unha carreira que abarca a música, o cine, a televisión e a moda. A artista neoiorquina, que se gañou o recoñecemento mundial, interpretará na súa xira grandes éxitos como “On The Floor” ou “Let´s Get Loud” e fará chegar a súa enerxía única a milleiros de fans.