O RAPEIRO PASARÁ POR BOIRO, OURENSE E CAMBADOS EN CONCERTOS DE SALAS, ASÍ COMO POLOS FESTIVAIS A CANDELORIA OU REVENIDAS

AS ENTRADA PARA OS SEUS CONCERTOS EN SALAS XA ESTÁN DISPOÑIBLES EN ENTERTICKET

A xira de Hugo Guezeta vai adiantando novas datas. Baixo o nome de O Noso Tempo, e tras encher dous dos tres primeiros concertos de presentación do seu novo disco, o rapeiro continúa avanzando novas paradas do seu espectáculo en vivo. O 7 de marzo actuará na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro, o 21 de marzo no Café Auriense de Ourense e o 28 de marzo na sala Krazzy Kray de Cambados. As entradas para estes concertos están dispoñibles dende xa en enterticket.es. Estas datas súmanse aos festivais xa anunciados para esta primavera e verán, onde A Candeloria (Lugo) e Revenidas (Vilaxoán) son os primeiros anunciados, mais non serán os únicos.

Estes novos concertos chegan nun momento idílico para o artista, xa que, tras publicar o seu disco O Noso Tempo a finais do 2024,  acadando varios centos de milleiros de reproducións en plataformas tras só dous meses, as primeiras datas de presentación do seu primeiro traballo discográfico de longa duración foron un éxito. Colgando o cartel de non hai entradas para os seus concertos na sala Rebullón de Mos e a sala Sónar de Santiago de Compostela, Hugo vén de rematar o ano con moita forza, esperando trasladar o éxito acadado a finais do ano pasado durante todo este 2025.

XIRA O NOSO TEMPO

07/03 · A Pousada da Galiza Imaxinaria · Boiro

21/03 · Auriense · Ourense

28/03 · Krazzy Kray · Cambados

04/04 · A Candeloria · Lugo

11-14/09 · Revenidas · Vilaxoán

ENTRADAS

MÁIS SOBRE HUGO GUEZETA

Hugo Guezeta é un dos maiores representantes do rap en Galicia. Grazas ao éxito colleitado coas súas cancións, que supuxeron e supoñen o himno dalgunhas xeracións de galegos, o rapeiro figura no imaxinario colectivo como unhas das figuras máis significativas deste xénero. A súa carreira en solitario é o seguinte paso na carreira do artista tras SonDaRúa, grupo do que formaba parte e era unha das cabezas visibles, e que é considerado un dos grandes grupos de rap da historia de Galicia.

As súas marcadas letras cun alto carácter reivindicativo son grandes marcas de identidade a nivel social. Como letrista, Hugo é un dos mellores compositores do panorama actual, sendo clara influencia das novas xeracións de rapeiros que están xurdindo neste auxe da música en galego. Mais non só destaca polas súas letras, a súa capacidade de fluír sobre as bases e a súa capacidade para moverse dende ritmos de hip hop máis clásicos ata melodías de reggae posicionan ao artista como un dos artistas máis completos e versátiles do movemento urbano.

O éxito como rapeiro é intrínseco a Hugo Guezeta, xa que tras acumular grandes concertos, premios e fans baixo o paraugas de SonDaRúa, o seu proxecto en solitario non perdeu forza en ningún momento. O seu último álbum O Noso Tempo acumula centos de milleiros de reproducións en plataformas tras só dous meses publicado, confirmando que a pesar de saír no último mes do 2024, o seu foi un dos discos en galego máis destacados e importantes do ano. Actualmente, e tras o enorme éxito nos concertos de presentación do disco en Mos, A Coruña e Santiago de Compostela, con dous dos tres concertos esgotando entradas, Hugo emprende a súa xira de 2025, onde deixará constancia da súa capacidade e versatilidade como rapeiro, trasladando o seu bo facer no estudo ás salas e festivais. Sen dúbidas, Hugo Guezeta é e será un dos grandes nomes a destacar do panorama urbano neste 2025.