ESTE SERÁ O DERRADEIRO CONCERTO DO RAPEIRO NESTE 2025

AS ENTRADAS ESTÁN XA Á VENDA EN ENTERTICKET.ES

Hugo Guezeta pecha este ano 2025 cun concerto especial para celebrar o primeiro aniversario do lanzamento do seu primeiro disco de longa duración en solitario, O Noso Tempo. O próximo venres 5 de decembro actuará na sala JJ Copas de Ponteareas, cun concerto no que se esperan varias sorpresas. O rapeiro porá o broche definitivo na súa casa a un ano incrible no que presentou nunha vintena de concertos o seu primeiro disco. Máis de medio millón de reproducións dende o lanzamento de O Noso Tempo, recentes colaboracións con referentes da música galega coma Guadi Galego ou Dakidarría, ou mesmo sold outs en recintos como a sala Rebullón de Mos, a sala Sónar de Santiago de Compostela ou a sala Auriense de Ourense, acreditan o recente éxito do proxecto en solitario de Hugo. As entradas para este concerto están á venda en Enterticket.es.

ÚLTIMOS CONCERTOS DE HUGO GUEZETA EN 2025

20/11 · Praza de Santa María · Lugo

05/12 · Sala JJ Copas · Ponteareas

ENTRADAS